Castro enmaquetado
Velaquí tedes unha maqueta dun castro galego segundo o alumnado do colexio público Brea Segade de Taragoña. Hai escasos días fomos testemuñas do bo facer duns docentes e colaboradores que van máis alá da aula, e que procuran actividades extraescolares de carácter cultural que dean vida ao centro. Todo iso xunguido cun impresionante coñecemento do medio e cunha entrega apaixoada da que adoece grande parte da comunidade de mestres e profes do noso país. Noraboa á Asociación de Nais e Pais de Alumnos do colexio, ao Museo Pedagóxico Castelao, á Biblioteca Brea Segade e noemeadamente ao mestre e musicólogo José Luís do Pico Orjais. Grazas.
2 comentarios:
Obrigado. Para o Colégio Brea Segade foi um honor e para mim uma sorte conhecer-vos. José Luís.
Paréceme estupendo tanto agradecemento. Pero se forades un pouco máis profesionais deberiades mencionar tamén ó equipo de docentes do centro e ó impulsor da realización da maqueta: D. Gregorio San Miguel Bartolomé.
Polo que respecta ó "nomeadamente", así vai o país. O recoñecemento do traballo dun grupo personalizase sempre nos amiguetes que son os que quedan ben diante do mundo mundial. Se esa é a visión que vós tedes de como se fai país vou ir pensando en emigrar.
Un saúdo para vós e para tod@s os lectores/as.
Publicar un comentario