A Retorta tortuosa
Na arqueoloxía galega existe a coña esa de que non hai arqueólogo ou arqueóloga deste país que non atopara un petróglifo e que non o publicase nun artigo típico de achádego en tal sitio. Aconsellámosvos que vaiades ver a pedra da Retorta, nun serán coa fermosa luz fuxidía de setembro. Algúns pensaredes que é unha formación alveolar (o que non explica a presenza dos sucos na parede vertical da rocha); outros verán aquí unha proba máis dos rituais de investidura céltica; aqueloutros aproveitarán para fumaren un canuto ou parolar do pouco científica que é a Arqueoloxía.
9 comentarios:
É certo que os xornalistas de Barbanza non temos tanta idea de arqueoloxía como Xurxo Ayán, pero tampouco el a ten de xornalismo. É extraño que o señor Ayán non faga mención a ampla profusión informativa que fixemos do seu traballo en Neixón seguendo as mesmas pautas que a noticia do resultado das labores deste verán; como el ben dí, andabámoslle sempre encima, porque ese é o noso traballo. Sinto que lle molestáramos, non era a nosa intención. Ao contrario do concepto que el ten de nós, os xornalistas, penso que Ayán fixo un traballo magnífico en Neixón, do que nos fixemos eco na Voz, pero creo que é inxusto que agora nos acuse de estar vendidos ao Concello polos problemas que ten el co goberno de Boiro actual. Sabe que non é así. En canto ao artigo de María Hermida, seguíu as mismas pautas que naqueles nos que o protagonista era Ayán e o seu equipo: as fontes son os profesionais e o Concello. Lamento que os xornalistas de Barbanza non esteamos preparados para saber de arqueoloxía, medicina, economía, pesca, astronomía, historia, literatura, fútbol, baloncesto, natación, política... e de todo aquelo do que temos que escribir para satisfacer as esixencias de Xurxo Ayán e todos os que nos critican... pode que algún día...
Firma: Moncho Ares
O que non sei eu é se a señora ou señorita Hermida é primeiriza na materia. Pero o que teño comprobado é que os xornalistas no verán, loxicamente, van de vacacións e comezan a súa traxectoria profesional rapaces sen experiencia escribindo ou narrando noticias de primeira liña. Dígoo, porque teño comprobado que en Radiovoz Bergantiños hai rapazas que len as noticias polo xornal e case non saben ler. Ó final fíxaste máis nos fallos que ten que no está a comunicar.
Estimado señor Ares:
1. Se bota unha ollada rápida ao dossier de prensa que se insire neste blog verá o seguimento do noso proxecto por parte de La Voz de Galicia entre 2003-2008. O mellor exemplo das "molestias" causadas por este medio son as dúas exclusivas (o can de Neixón, e a lápida de Taragoña) concedidas polo noso equipo ao daquela excelente redactor da edición Barbanza Chechu López, a quen botaron de mala maneira no seu día. Os sucesivos fotógrafos que teñen pasado pola redacción de Ribeira tamén lle poderán falar do xeito de traballar e da relación de cordialidade existente con eles dende sempre.
2. Dende a nosa institución (CSIC) sempre tivemos un trato correcto co xornal no que traballa, enviando notas de prensa e prestándonos á ampliación de informacións e entrevistas. Na parte que me toca, sempre colaborei e puxen todas as facilidades a redatores como Chechu López, Marta Gómez e María Hermida, xornalistas cos que teño traballado (toda unha molestia), porque a vostede eu non o coñezo.
3. Teño familiares e amigos licenciados e licenciadas en Xornalismo e eu mesmo colaboro nalgún medio. Algo sei. Vostede ten toda a razón: os xornalistas non teñen por que saber de todo, pero o único que teñen que facer é contrastar a información e saber escribir.
4. Grazas polo cumprido sobre o traballo feito, pero creo que os xornalistas non están para aplaudir senón para denunciar e facer público o que non se quere facer público.
5. Se o que quería era facer un comentario á miña colaboración última do Xornal Certo, ten un apartado de comentarios nese medio. Aí radica o problema. Vostede confunde a utilización dun artigo de María Hermida como fonte, cunha crítica a ese artigo, o cal, non é certo, como se pode doadamente comprobar.
5. En consecuencia, a súa diatriba non sei a que obedece, se a un exercicio de autoafirmación, ou a unha traición do subconsciente: as miñas supostas esixencias, as miñas supostas críticas a La Voz de Galicia, a miña suposta prepotencia forman parte do seu discurso, non do meu.
6. En todo caso, agradézolle ter utilizado Arqueoneixon, un medio libre e transparente, para verquer as súas opinións. Aquí non temos nin redactor xefe, nin xerarquías, nin política editorial. Agardemos que o seu xornal se preste tamén a acoller outras visións da realidade, réplicas e demais.
Unicamente me queda recordarlle que a xente, a sociedade pode vivir sen arqueólogos, pero tamén sen xornalistas; a día de hoxe xa non nos necesitan.
non confunda, loxicamente non todos somos Punset ou comentaristas en calquer tertulia de radio onde falamos dende a gripe Atchissss....hata a cria dsenrrolo ,desguace e canles de distribuccion do cangrejo de lombo marelo na cooperativa merendadeneghros do norte de Sudan
pero alguen deberia de ter leido ese texto antes de sacalo, ainda que neste caso coincido plenamente co señor ursus, no veran largamonos de vacacions e poñemos o frente a becarios que algun dia seran excelentes profesionais pero que de momento tatexan erran e leen as noticias a golpes.
creo que simplemente se critica eso non o resto, esto es, un artigo escrito cheo de erros
de feito pode vostede como periodista analizar este mesmo texto ,criticar a forma, os erros gramaticais a contruccion do mesmo etc etc, que eu non me sentirei ofendido, non son periodista e non teño porque saber usar as suas ferramentas neste caso a linguaxe,si que me sentiria ofendido se me criticara por non saber usar por un ejemplo un calibre ou pie de rey sendo a miña principal ferramenta de traballo
Señor Ayán: na súa resposta está claro que vostede confunde todo para levar o carro ao seu rego, ata se mete en decisións empresariais das que ousa opinar; non se preocupe, non lle vou dar explicacións do asunto de persoal ao que se refire, mellor quédese coas que lle deu o afectado e coas que chegou a conclusións sen contrastar, verbo que sabe conxugar pero non aplicar. A miña carta era respondendo a publicacións súas do mes de agosto neste blog. En todo caso, gustaríame manter unha conversa con vostede, para que me coñeza e co fin de aclarar os problemas que pudo ter con este medio. Os xornalistas tamén opinamos e valoramos. Desculpe se o ofendín para alabar a súa labor.
Me encanta; me encanta ver cómo vuelan los puñales, intentando empero que los movimientos sean gráciles mas envenenados.
A ver. Dejemos a parte estilos, críticas personales o textos efectistas (y no va por nadie en concreto, que aquí hay que medirlo todo). La cuestión, a mi modo de ver, es que se ha ofrecido como novedosa y resultado de una investigación "ex novo" una información de sobra conocida y desarrollada en ya años anteriores. Simple y llanamente; el contenido, dado como nuevo, ya era conocido y emanaba del equipo anterior. Y no digo que haya culpas, o que fuese una redactora aviesa, que no lo fue. Comprenda, Sr. Ares, que para la gente que conocía esos datos sobradamente, que ha trabajado sobre ellos desde hace años, le cueste ver cómo se plantean de nuevas como si todo ese trabajo no hubiese tenido lugar; como si una oscura damnatio memoriae se cerniese sobre el conocimiento científico generado.
No es para ir a las trincheras, no dramaticemos... pero indigna.
Y es facilmente subsanable: la próxima vez, que se consulte algo de la bibliografía existente y listo.
Xosé M. Sánchez.
Se consultamos bibliografía -que non temos: buscade unha biblioteca nunha redacción dun medio de comunicación- non damos feito a noticia! Non saímos cada día! Coido que lle pedides demasiado aos xornalistas. E non quero falar das penas do xornalismo neste país, que non só nós estamos precarios, becarios e, se non es numerario, parado.
Fdo: un xornalista que sabe máis por vello que por xornalista
sr ares nin son periodista nin arqueologo mais sei ler e con eso chejame para saber que os resultados das escavacions do 2009 que se amosan na voz xa se sabian polas anteriores investigacions enton eu preguntome o porque tiran os cartos dos contribuintes asi de alejremente e os creadores de opinion do barbansa permanesen caladiños.Espero un artigo seu de opinion,despois de verificar datos,como lector da voz desde antes que vostede traballase na voz.
Gústame esa frase da segunda intervención do Sr Ares: "os xornalistas tamén opinamos e valoramos", eso sí, non admitimos críticas ao noso traballo, Ay! País, país!!!!
Só unha pregunta: nas redaccións dos xornais non existen os documentalistas?, en caso afirmativo só engadiría: que traballen!!!
Publicar un comentario