4/9/09

Milladoiros


No castro de Baroña pasan cousas. Na primeira visita guiada que fixemos na primavera de 2001 no marco da actividade Espazos Naturais da Xunta de Galicia topamos cun fulano masturbándose no extremo do curuto superior do poboado, ollando extasiado a posta do sol. Todo moi druídico. Baixando, nunha fenda entre as rochas, alguén deixara como ofrenda un opúsculo de Escrivá de Balaguer. Cousas do genius loci. Alguén me comentaba o outro día as moreas de pedra a xeito de milladoiro das que se fai eco a prensa hoxe.

http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/denuncian-destrozos-en-los-castros-de-barona/idEdicion-2009-09-04/idNoticia-464001/

Este hecho fue realizado probablemente durante el fin de semana por unas personas que han vulnerado la Ley de Patrimonio de Galicia, que impide un uso inadecuado de la arqueología.

Obviamente, este fenómeno vai maís alá da doada e interesada versión do vandalismo, o gamberrismo e a falla de concienciación patrimonial da sociedade, como nos gusta sinalar aos arqueólogos e arqueólogas. Performances na postal turística de Galicia.

6 comentarios:

José Luís do Pico Orjais dijo...

Caros amigos:
No CEP Brea Segade de Taragonha temos instalado um pequeno museu ao que denominamos Museo Pedagóxico Castelao. É uma modesta iniciativa para a posta em valor do património cultural rianjeiro entre as nossas crianças, que desde já vos invitamos a visitar.
Estaria muito interessado em poder ver com os meus alunos, e mesmo com as famílias, o vosso documental O'Neixón: historia viva dum castro. É possível? Um abraço e parabéns pelo vosso trabalho.

El Ayán dijo...

Por suposto, contáctanos en xurxo.ayan@gmail.com estaremos encantados de proxecta-lo documental en Rianxo

dorrato dijo...

esto dos milladoiros, xa o teño visto en moitos sitios, camiño de santiago, no cementerio dos ingleses( cabo vilan) unha modiña mais coma a que se desatou ninguen sabe quen nin porque coma a de colocar moedas nos pub de santiago e aghora espallada por todolos recunchos do globo , non hai tanto atopeinas un bar-restaurante do meu pobo e que por certo deron para dous cortados logo de repeinicar un dous muros , moito estrago de parede para tan pouco beneficio
sirva como comentario destas modas e xiros o da integrante dun grupo no cementerio dos ingleses que estaba a amorear pedriñas enfrente o monolito en memoria dos afogados da costa e do Serpent misturando unha empanada ikerjimenez de almas -oracions -cultura tibetanas e culturas animistas e non sei que outra merina con churras pero criticaba a coroa de amapolas de plastico a cal levaba ali bastante tempo descoñecendo totalmente o seu significado pero sin embergo lovando a sua obriña.
en fin cultura de internet e gran hermano con simbologia de feiras "celtas" ou medievais.

Anónimo dijo...

Eses milladoiros levan xa algun tempo ahi. Polo menos dende mediados de Agosto.

lorcho dijo...

Agora, segundo El Correo, parece que son por Man, o de Camelle; eu non entendo nada.

Certo dijo...

Vaites, vaites, que van ser por Man, son por este tipo que se chama Bill Dan. Está a causar furor en Internet (hai que rirse por non chorar co que din os políticos)

http://certo.posterous.com/de-neixon-a-barona-se-viviramos-en-cadiz-xa-t

É como se os grafittis ben feitos foran en homenaxe a Bansky. Hai que... !!!!