15/7/09

Que pasa en Neixón?


Ante a confusión xenerada nos últimos días sobre o proxecto arqueolóxico de Neixón, cómpre facer unha serie de apreciacións ao respecto:
1. Dende o ano 2003 o equipo que eu dirixo viu pasar por Boiro un goberno monopartito, un goberno tripartito e un goberno bipartito. Isto é o que se chama perspectiva histórica e os arqueólogos, como historiadores, temos boa memoria, por deformación profesional.
2. Nesta historia recente de Neixón, a posta en valor deste área arqueolóxica é mérito de dúas persoas de partidos diferentes: Manuel López Outeiral (PP), promotor entusiasta da creación do Centro Arqueolóxico de Barbanza, e Xabier Cortés (PSG), malogrado concelleiro de Cultura que turrou do proxecto arqueolóxico con clase, cultura, educación e saber estar. Polo tanto, os arribistas que chegaron despois que non se penduren medallas que non merecen.
3. O proxecto de campo de traballo internacional (2003-2008) era o proxecto arqueolóxico de meirande continuidade en Galicia e o decano en activo deste tipo de actividades. A súa cancelación en 2009 resposta unicamente á deixadez, inoperancia e incumprimento reiterado do convenio firmado coa Dirección Xeral de Xuventude e o CSIC por parte do Excmo. Concello de Boiro, unha entidade morosa (8 millóns de débeda) responsable dunha nefasta xestión do Patrimonio Arqueolóxico local.
4. Dende a Concellería de Cultura do Concello de Boiro e dende o propio Centro Arqueolóxico de Barbanza lévase facendo unha casposa e inútil laboura de damnatio memoriae cara ao noso equipo de traballo, un boicot cutre que se pode ver no dossier de prensa do Centro, na nula presencia deste proxecto nos III Encontros Arqueolóxicos de Barbanza (xa se sabe que os castros de Neixón quedan a miles de kilómetros deste Centro), no incumprimento de compromisos editoriais, na non distribución de monografías e documentais xurdidos do noso proxecto, na criminalización do noso equipo de traballo na prensa local, facéndonos responsables do estado lamentable dos castros de Neixón, na reposición duns carteis que non inclúen o avance das investigacións dende 2003, repoñendo unha visión anticuada e desfasada desta área arqueolóxica, etc., etc...
5. Os Castros de Neixón sálvanse porque se celebra unha romaría no verán. Un tempiño antes rózase e límpanse as cunetas para poñer todo bonito, mentres ao longo do ano dá auténtica lástima: marcas de quad por riba do parapeto do Castro Pequeno, sinais reventados que permanecen asi ao longo dos anos, mesas rotas da área recreativa, lixo, obras incontroladas no contorno dos castros... existe todo un arquivo fotográfico diacrónico ao respecto. E todo isto non é responsabilidade nin dos arqueólogos nin da comunidade local, senón dos propietarios dos terreos, isto é, o Concello de Boiro.
6. A posta en valor dos castros de Neixón adoece dende os seus inicios dunha carencia imperdonable: non ter en conta para nada á comunidade local, unha comunidade que coidou do monte de Neixón até unha polémica expropiación dos terreos. O Centro Arqueolóxico segue sendo un espazo reservado para eruditos e científicos. Por outra banda, existe unha fenda insalvable entre o discurso que se ofrece aos visitantes no Centro e a realidade arqueolóxica dos xacementos: aos visitantes que chegaban ás nosas escavacións lles contaban no Centro que o cambio climático explicaba o cambio de asentamento entre os dous castros, como se os cartaxineses viñeran en snowboard polo mar xeado de Arousa. A falta de formación dos supostos técnicos-arqueólogos deste Centro é flagrante.
7. Resulta incomprensible o silenzo dos medios de comunicación locais perante a cancelación do campo de traballo dos castros de Neixón, tendo en conta o seguimento multitudinario que fixeron do mesmo ao longo dos anos. Neste senso, en Arqueoneixon abogamos, como dende 2003, por unha total transparencia e independencia: nin somos de Boiro, nin temos paraza no Concello, nin debemos favores, nin participamos de prácticas caciquís infames. Cada quen que resposte das súas responsabilidades e das súas lexítimas ambicións persoais, pero que non manipule nin tente agochar a realidade e calar bocas.
8. Unha cousa é, por exemplo, xestionar unha ferretería, un negocio honesto, honrado e lexítimo, pero outra moi distinta xestionar un xacemento da Idade do Ferro; para isto último fai falla educación, cultura e humildade.
9. Somos dos que pensamos que os xacementos non son propiedade dos arqueólogos. De feito, a aplicación de diferentes e novas perspectivas enriquecen o coñecemento sobre os castros de Neixón. Os arqueólogos imos e voltamos, unha lección que deben asumir e aprender os políticos. A este respecto, nós, que traballamos e deixamos traballar, desexámoslle o meirande éxito aos compañeiros de profesión que se van encargar desta nova fase de traballos nos castros de Neixón.
10. As vindeiras intervencións arqueolóxicas que serán presentadas o venres que vén ás 12 no Centro Arqueolóxico de Barbanza non teñen nada que ver co presente proxecto arqueolóxico dos castros de Neixón, que seguirá adiante por moito tempo, malia o empeño da Concellería de Cultura e do suposto técnico-arqueológo do Centro Arqueolóxico de Barbanza, os únicos responsables da clausura do campo de traballo internacional.

Xurxo M. Ayán Vila
United Neixons

7 comentarios:

torrado dijo...

tranquilos my friends que o tempo, mestre recio e con poucas contemplacions,acaba ponendo a cada un no seu lugar ( ainda que o mal xa estea feito).

eu so podo decir que ali descubrin o significado da palabra amistade e cultura convertindo ese lugar no meu Sangrila particular

deica logo( que non adios ) neixon, volveremos e pra despedirme que millor que citar a ese poetilla medio veciño meu:

Os boos e generosos,
A nosa voz entenden;
E con arroubo atenden,
O noso rouco son;
Mas, sós os ignorantes,
E férridos e duros,
Imbéciles e escuros
No-nos entenden, non

pois eso a bo entendedor...

Rafa dijo...

Como xa recollemos nas camisetas do ano pasado S.T.T.L É incrible que un proxecto cultural esté sendo maleado por un par de indocumentados. Ao igual que a Torrado, Neixón supuxo moito para min persoal e profesionalmente, e sinceramente ME JODE!!!!!

lorcho dijo...

Efectivamente: suerte de cara a las nuevas investigaciones y trabajos. Suerte, porque el yacimiento la va a necesitar. No por el equipo de trabajo, de cuya valía en principio no dudo, sino por el "equipo de gestión" y toda la pesca que se arrebola graznando alrededor de los fosos neixonenses.

Anónimo dijo...

Buenas,

Mi querido presi, el amante de Catalunya, ya me avisó varias veces que no entre en estas luchas "cuerpo a cuerpo" con los políticos y demás acólitos puesto que son genios de la manipulación e intoxicación informativa...

Los futbolistas deben centrarse en "hablar en el campo", sobre todo cuando hay tanta calidad en el equipo y olvidarse de factores externos.

Un saludo

victor manuel dijo...

carallo rapas con dois collois
dalles forte que ainda seguro que o concelleiro de turno saira airoso como procer do seu pobo, so lles fai falta unha cachapada de polvo e viño.
as pedras teñen a solucion ,so que hai que tiralas ben

Carlos C. Alejandre dijo...

DES(10)VERDADES COMO DES(10)MUNDOS

gg dijo...

A Neixon retornarase, diso estou moi seguro. Ao noso querido Xurxo Ayan non lle faltan proxectos cos que seguir, así que isto non é un punto e final, senon un punto e aparte.