Paisito
En Arqueoneixon mantemos unha relación antiga e fructífera con Uruguai dende os comezos mesmos do proxecto. Arqueólogos e arqueólogas charrúas como José López Mazz, Camila Giannotti, Irina Capdepont ou Juan Dabezies cruzaron o charco para ensinarnos dende o inicio da monumentalidade en sociedades cazadoras-recolectoras até o papel activo da Arqueoloxía na recuperación dos desaparecidos durante a ditadura. Moitos destes colegas coñeceron o exilio sendo nenos, en Chile, Cuba e Francia; outros estiveron vencellados á guerrilla urbana. Microhistorias dunha historia dura, unha historia que se amosa na película "Paisito", un filme de Ana Díez que podedes ver nos cines esta semana. Moi aconsellable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario