13/7/09

Embarcacións tradicionais


Vén de celebrarse en Muros o IX Encontro de embarcacións tradicionais, toda unha boa noticia para o patrimonio etnográfico mariñeiro deste país. Aínda queda moito por facer. Recentemente tivemos ocasión de percorrer o Museo Marítim de Barcelona nas Drassanes baixomedievais dende as que a Coroa de Aragón conqueriu o Mediterráneo occidental. Aínda estamos a anos luz en cuestións de Didáctica e de vertebración da oferta museística. Unha rede abrangue a tódolos museos locais que sobre esta temática inzan a costa de Catalunya. O hiperlocalismo galaico impide hogano este tipo de cousas. Para rematar, un se decata de que houbo máis interese pola nosa cultura mariñeira no Mediterráneo que en cas nosa. Un bote polbeiro e unha dorna culminan o percorrido polo Museo Marítim de Barcelona.

Fotografía do Arquivo familiar de José España. Contorna dos castros de Neixón.

1 comentario:

Sarmiento dijo...

Máis que o hiperlocalismo é a falla de visión de conxunto da Administración. Non houbo esforzos para coordinar, ainda que agora estáse a intentar crear algun tipo de relación entre os distintos centros.
Hai que gastar cartos en coordinar, e eso non da votos e o que si dá son traballos.