29/6/09

Arousa, anos 40

O noso proxecto esculca un período abraiante da historia do Barbanza e da ría de Arousa, que unicamente foi estudado dende o punto de vista cuantitativo, da Historia económica, das grandes cifras. Pretendemos amosar outro relato sobre ese pasado, un pasado enchido de resistencia, de represión, de explotación, de anceios, esperanzas e oportunidades, un pasado protagonizado por persoas subsumidas en procesos globais como a 2ª Guerra Mundial. Antes do conflicto a Armada alemá acougaba na Pobra do Caramiñal, en Boiro, mentres os británicos desfogaban en Vilagarcía de Arousa. A partir de 1939 o franquismo nacionaliza as minas, bota fóra o capital inglés e serve en bandexa o wolfram aos nazis. Esta fotografía inédita amosa a potencialidade da investtigación etnoarqueolóxica sobre o wolfram en Barbanza. Forma parte do arquivo familiar de Jorge García García e foi tirada no porto de Vilagarcía a comezos dos anos 40.

2 comentarios:

Luix dijo...

Ola
son un veciño de Ribeira interesado no tema. Tedes previsto publicar algo sobre o tema?
Saúdos

El Ayán dijo...

Si claro, todos os resultados da investigación serán divulgados neste blog e en diferentes publicacións das que iremos informando