Cambio de rumbo
Hoxe a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia oferta (www.xuventude.net) os campos de traballo para este ano 2009. A algúns sorprenderavos que non apareza o campo de traballo dos Castros de Neixón. Estamos perante a fin dun ciclo iniciado en 2003 e no comezo dunha nova xeira do proxecto arqueolóxico que diriximos dende o Laboratorio de Patrimonio do IEGPS (CSIC). O xacemento pide outro ritmo de traballo, outra dinámica e, sobre todo, un mantemento anual e posta en valor que non se dá a día de hoxe. Queda, polo momento, agradecer o apoio constante e valente da Dirección Xeral de Xuventude dende 2003 e o bo facer dos técnicos de tempo libre de Insulae S.L. Así é todo hai arqueoneixon para rato, amigos e non tan amigos. Xa sabedes que a investigación básica e aplicada comeza realmente coa finalización das escavacións arqueolóxicas. Nos próximos meses iremos dando a coñecer os novos proxectos en curso, centrados en tres eidos fundamentais: a) publicación e divulgación do coñecemento xenerado entre 2003-2008, destacando as intervencións no Castro Pequeno de Neixón (2008) e varios traballos de investigación sobre Neixón lidos en Universidade españolas e extraxeiras; b) o traballo coa comunidade local e c) memoria histórica e Patrimonio na bisbarra de Barbanza.
Á marxe de todo isto, habería que preguntarse porqué desaparece o decano dos campos de arqueoloxía en activo no noso país e o único proxecto arqueolóxico con continuidade no Barbanza. Será que é máis rendible inventarse xacementos, descubrir súpercrómlechs e facer o ridículo con aldeas malditas. En fin: que bo castro se tivese bo señor!.
4 comentarios:
Podrán decir que algunas cosas se hicieron bien y otras mal, pero ahora toca demostrar que se pueden mejorar. Como dices, todavia queda Arqueoneixón para rato, y esperamos ansiosos todos los frutos que van a cosecharse con esta segunda fase del proyecto. Aún queda mucho por investigar y mucha labor por hacer.
Ánimo compañeros, que al Barco de Colegas no se lo van a llevar las olaaaasss.... jajajaja
Ate onde chega a incapacidade da administración local para perder un proxecto que facía que ese lugar do Barbanza de "cuyo nombre no quiero acordarme..." fose coñecido máis aló de Padrón sen ter que recurrir a tranpolíns tipo Cuarto Milenio (programa de "recoñecido prestixio científico"). A ignorancia e a envexa canalizada a través de malos consellos e pésima xestión xa deu os seus froitos, só espero que Neixón non se volte a converter nese pequena punta colonizada pola vexetación na que algún tempo atrás estiveran a "fozar" uns arqueólogos.
Ah! Y el "Barco de Colegas no lo llevan las olas", que buenas anclas tiene, ahora queda el segundo desembarco, mieditoooooo!!!
Para poder desir o que se fixo, ben ou mal,terian cando menos que interesarse polo proxecto cousa que "visto lo visto" non fixeron.Parese que tiñan mais en conta a liña de investijasión do douto iker jimenez.Presi non se preocupe que cando fajan o museu estilo atapuerca(concelleiro de cultura dixit)poderas faser arcos e mais lume para..........(e esperando reasións que coma di un coleja meu eu non lle debo nin me debo a ninguen)
Publicar un comentario