11/3/09

Nuer teitando ao solpor


Existen momentos no traballo de campo etnoarqueolóxico que resultan imposibles de describir, verbalizar, poñer por escrito... Debrúzase o sol no horizonte; cando esmorece a luz e deixas de camiñar polos illotes de casas esparexidos polo poboado de Pakang escoitas ao lonxe un cántico que se repite coa cadencia das historias que nunca morren. Todos marcharon hai tempo co gado para o río Baro e voltarán na estación das chuvias. Só quedan as katiuskas de goma diante das casas, os nenos, algunhas mulleres, vellos, enfermos, lisiados e dementes. Coma un frautista de Hammelin o home que canta acada que un quede abraiado ao pé da choupana que está teitando, mentres o tempo pasa, paseniño.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Semella que en Africa conseguiron que escribas mellor que nunca en galego. Curioso fenómeno etnolingüístico...ja..ja
Welcome Ayán

El Ayán dijo...

Grazas pola túa benvida Bea, eu vexo tamén que pasado reciclado medra e contidos, enfoques e xogos metaarqueolóxicos, unha ledicia, de verdade