5/1/09

Tríada capitolina


Tres representantes esgrevios do bo facer de Manolo de Sevil compartindo espazo no seu obradoiro. Á dereita un cruceiro, magnífico, no centro unha filloeira simple e outra tetralobulada (tapada cun cartón verde) e á esquerda, unha ventana celta que vén sendo unha réplica modificada do famoso trisquel de San Cibrán de Lás que se atopa no Museo de Ourense. Cruces, filloas e celtas, un bo eslógan sobre a Galicia postmoderna do presente. O canteiro sacou o modelo da ventana celta dunha fotografía e chegou a ir ao Museo para ver a peza orixinal. Alí sorprendeuse de que non se puidese tocar a peza, estaba alí posta e só podes mirar para ela, vaia cousa. Esta opinión dun canteiro cualificado pode dar pé a todo un debate sobre a patrimonialización que os arqueólogos e museólogos facemos dos restos arqueolóxicos, algo sobre o que ten escrito moito Beatriz Comendador no seu blog pasado reciclado.

2 comentarios:

gg dijo...

si hay algo que me gusta de esa foto e tanto o contenedor coma o seu contido ,

o contido esas maravillas que son esas pezas, onde se ve a man dunha persoa fina, e amante do seu traballo, que non dubida en desplarse para coñecer , observar e asi poder poder copiar e incluso millorar o xa feito , desgraciadamente neste momento poucos traballadores quedan asi ,xente que non son fotocopiadoras que fan algo porque o mercado o demanda sen mais interes ou curiosidade por saber que e ou porque esta feito desa maneira e non de outra, de tomarse un intre para coñecer a historia dese obxeto ,neste tempo de hipermercados e a sua cultura -usar e tirar- reconfortache que ainda quede xente que para definila nunha sola palabra e dende o meu punto de vista un PROFESIONAL ( con maiusculas)

e o contedor espartano, simple feito para goarecerse e traballar, comodo pero sen estridencias ou luxos superfluos, carente de todo valor, so e un sitio onde poder realizarse sen mais logo a arte o bo facer quedara integro pas pezas, vexase senon esas hedras entrando polas paredes, e incluso ese amontoamento en desorden pero perfectamente organizado , caso do peixe.

cantas e cantas cidades da cultura deberian tomar exemplo de este humilde cuberto de uralita e cancos de colitro (eucalipto por esta terras do finisterre) do maravilloso tesouro que se agacha dentro de ela, e como sempre e a diferencia do monte gaias e o igual que as persoas o mais importante esta sempre no interior e non na fachada, apesar do moito que nos deslumbran as luces de neon das cidades

Anónimo dijo...

que se me esquencia de seguro que o mestre mateo estaria mais como ahi dsfrutanto ca gargola piroluda e as suas salidas e sacadas, que no monte gaias, o fin e o cabo el tamne deseñenou os seus primitivos parentes grifos que estan no portico