16/12/08

Per loca maritima


Inaugurouse onte a vía de alta capacidade do Barbanza. Por suposto non imos esgrimir aquí discursos do estilo unha navallada dos anos 70 nin discutir sobre a súa obvia utilidade, sobre todo cando levamos uns cantos anos traballando co impacto arqueolóxico en grandes obras públicas. Cremos que esta obra exemplifica moi ben o conflicto entre tradición e Modernidade, cun impacto crítico sobre os concheiros debaixo da ponte (unha das zonas máis ricas en molusco de toda a ría de Arousa), e coa modificación definitiva dunha vella paisaxe. O novo milenio pechou dunha vez por todas a comunicación marítima do mar de dentro (a aldea de Arribada en Cespón), o remorso traumático da ponte Beluso na guerra contra o francés e no golpe de Estado do 36, a estampa milenaria da seca... Pero o trazado da vía tamén sanciona unha topografía antiga. No Antigo Rexime, como ben estudou Leonardo González, a parroquia de Cespón, que conta con 22 aldeas, dividíase en dúas partes: a de arriba (Norde) e a de abaixo (Sur) . A nova vía, coma un novo Camiño Real, escoa polo medio e medio da parroquia de Cespón e monumentaliza esta división milenaria.

Fotografía: Obras no desdoblamento da ponte, xullo de 2008. Vista dende o Castro Pequeno.

3 comentarios:

bea dijo...

Ven ao conto unha historia xa vella, de cando un misterioso "corrector de galego" dunha institución xunteira ben importante, modificou un "per loca marítima" por un "per TOLA marítima".
Gargalladas aparte, non sei ben se esta obra está no seu "loca" indicado. Para min, casi vaille mellor o de TOLA.

Certo dijo...

Xa fixemos mención a este comentario no xornal. Pero agora adicámosvos unha pequena entrada no blog...
http://xornalcerto.blogspot.com/2008/12/atapuerca-no-ten-de-achdegos.html

presi dijo...

Tomando o post como pretexto: Feliz Nadal a todos e todas!!