Medalla de bronce
Pois si amigos, o documental de Neixón gustou ao público e quedou de terceiro nas votacións, de entre 37 producións de todo o mundo, no Festival de Cinema Arqueolóxico do Bidasoa. Os documentais gañadores xogan noutra liga, xa que son superproducións sobre o desciframento da escritura maya e a arte rupestre de Lascaux, coa canle Arte polo medio. Só queda felicitar a Lukas Santiago quen soubo defende-la nosa proposta audiovisual sobre o que é (para nós) a Arqueoloxía polas queridas terras irundarras. Unha gloriosa medalla de bronce.
Fotografía: algúns dos obxectos de bronce asoellados na escavación arqueolóxica deste ano no Castro Pequeno de Neixón (Fotografía de Yolanda Porto).
6 comentarios:
PARABENS
moi ben Churcho, Lukas e todos os de Neixón que fixéchedes o documental!
Un terceiro posto como este é moi bó. Teredes que presentarlle esto a canle de Historia ou a de Arte para o próximo docu
Un bico
Pati
Parabéns a todos os implicados! Mandade copias xa!
Medalla de Bronce...e sen axudas do plan ADO!!!
Parabéns!!!
Noraboa. Debeu ser un momento emocionante para toda a equipa. Merecídisimo premio (confeso que non vin o resto de películas) que abre boas perspectivas de distribución e exhibición.
Enhorabuena.
Publicar un comentario