2/10/08

A banalidade do mal


Preparando a nosa comunicación sobre a Arqueoloxía transfronteiriza de X. Taboada Chivite para o congreso que dá inicio mañá en Montalegre (Tras-os-Montes) http://congresso.arqueologia.montalegre.googlepages.com/ dimos coas actas do IIIº Congreso Nacional de Arqueología levado a cabo en Galicia en 1953. Nesas páxinas inzadas de nacionalcatolicismo fascistoide atopamos unhas declaracións do presidente do Congreso, o almirante Bastarreche, salvador de Pontevedra durante o Alzamiento, que, polo seu surrealismo, creo que poden pasar aos anais da memoria histórica da guerra civil en Galicia:

En Pontevedra, en momentos apurados en que se jugaba el interés de España y había que tomar una determinación la tomamos; vinimos al Gobierno Civil donde reinaba un gran desbarajuste, donde todos querían lanzarse a la calle con un arma y nos volvimos a Marín convencidos de que era necesario declarar el estado de guerra. Envié un avión de los que estaban a mis órdenes con una carga de bombas que pesaban diez quilos y que entonces asustaban. Cuando se disparó un cañonazo al aire, aquello se deshizo. Agradezco mucho al Presidente de la Diputación que recuede aquellos momentos tremendos y emocionantes. Cuando me fuí de Pontevedra a mandar el 'Canarias' me hicieron una despedida apoteósica y en un discurso pronunicado desde el balcón del Ayuntamiento dije que volvería al cabo de tres meses, que era lo que se calculaba que duraría nuestra guerra, y ofrecí que a su término volvería a Pontevedra a tomar la clásica empanada y el buen vino de la tierra; y cuando volví, tres años después, me obsequiaron en el 'Lérez' con una empanada que tenían que llevarla entre seis personas.

Non, non é Gila nun escenario falando co inimigo, é a banalidade do mal disfrazada de científico, aséptico e rigoroso congreso de Arqueoloxía.

VV.AA. 1955. Congreso Nacional de Arqueología (3º, Galicia, 1953): páx. 26. Zaragoza: Fundación Fernando el Católico.

2 comentarios:

Iván dijo...

Menuda "empanada" que levaba este home.

Anónimo dijo...

Bastarreche mandou un pelotón a deter a toda a corporación municipal de Marín, reunida en plan gabinete de crise no Concello. O alcalde, Antonio Blanco Solla, foi xulgado e condenado a morte xunto con outros compañeiros traballadores. Hoxe unha céntrica rúa leva o nome do asasino Bastarreche, pero ningunha lembra ao alcalde, que só ten un recordatorio no paseo do peirao. Non é o único caso, ata hai uns meses o IES de Marín levaba o nome de Salvador Moreno, moi axeitado para unha educación para a paz e a democracia. Salvador Moreno ten outra rúa co seu nome. E Calvo Sotelo... e para qué seguir?
E iso que dende hai unha década en Marín goberna o PSOE...
Un saúdo, Xurxo, dende esta vila infeliz.