4/8/08

Castro Pequeno


Velaí tedes o sector aberto no Castro Pequeno. Cando ninguén daba un peso por el, cando intelixentes técnicos en Arqueoloxía dicían que estaba esgotado, pois vai e aparece unha cabana oval feita en materiais perecedoiros, unha cabana de pedra e restos dun obradoiro metalúrxico de bronce, con crisois de fundición, obxectos acabados, anacos de parrillas de forno, escouras, etc., etc... Nos vindeiros días iredes vendo en tempo real o rexurdimento do Castro Pequeno para a Arqueoloxía galega. Como dicía o meu avó: ao saber chámanlle sorte.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O que está esgotado son os cerebros de ditos "sabios", ¿será todo culpa do cambio climático?

Anónimo dijo...

Parece que el viejo castro estaba menos agotado que el Castroviejo...
(licencia en castelán para face-lo xogo de palabras).
Parabéns!!

Xosé G