25/6/08

Aniversario


Arqueoneixón fixo un ano de vida neste mes de xuño. Sabemos que hai algunha xente que nos segue a pista garimosamente. Segundo as estatísticas do blogomillo ocupámo-lo posto 259 dun total de 5466 blogs feitos dende Galicia, en galego. Abraiante, cando menos. Como mellor agasallo para celebrar este evento témo-la sorte de seguir traballando nos castros de Neixón nesta campaña 2008 que dará inicio o 7 de xullo. Estades convidados a pasarvos por esta pequena república prestamarca, laica e independente da ría de Arousa.
Saúde e república.

4 comentarios:

Cruxens dijo...

Boas e parabéns!. Vouche subir uu chisco máis as estadísticas.
Un saúdo dun aghiñés que che lée de cotío dende Iruña, e que cumplas moitos máis anos, tanto na bitácora como nas excavaçións do castro.
Aburiño ló!

magefesa dijo...

este ano levarei un sacho e mais un paletin de inox

victor manuel dijo...

DENDE O BIERZO IRREDENTO UNHA CORDA DE BORRACHOS E DINAMITEIROS AMOSAREMOS A MANEIRA DE TRABALLAR NO CHAN ESTILO MINEIRO ( CON SINDICATOS , HORA PRA BOCADILLO , A FOLGA DE RIGOR E MOITOS CUBATAS , AH E TODOS ENXEÑEIROS).
PARABENS POLO BLOG QUE ALOMENOS OS INORANTES SERVENOS PRA APRENDER GALEGO

Iván dijo...

Ó día de San Fermín
ó Neixón imos ir...
cun sacho e un paletín!

Saúdos, fenómenos!!!