El ungüentario es de Vigo
A quen pertencen os obxectos? Localismo, política e identidade mistúranse cun aquel postmoderno nas reclamacións dos Papeis de Salamanca, a dama de Elche, as esculturas do Partenón... En Galicia contamos cun recente exemplo, de manual. Velaí vedes aos políticos pendentes dun ungüentario palestiniano (séculos III-VII d. C.) que, tras unha longa campaña con plataforma cidadá incluída (El ungüentario es de Vigo, era o lema), voltou á cidade olívica, onde fora descuberto nunhas escavacións arqueolóxicas en 2003. Como comentamos no artigo sobre o aríbalos de Neixón, resulta curioso como determinados obxectos invístense de capital simbólico no presente, mentres ninguén reivindica en Vigo, por exemplo, os kilos de ánforas, tégulas e cerámica común romana espalladas polos Museos de Galicia e recuperadas en xacementos vigueses.
Sobre todo isto aconsellamos a leitura dos traballos recolleitos no volume colectivo: E. Robson, L. Treadwell e H. Gosden (eds.). 2006. : Who Owns Objects? The Ethics and Politics of Collecting Cultural Artefacts. Oxford: Oxbow Books
Fotografía: Lalo R. Villar, El País, martes 8 de abril de 2008 (Edición Galicia, páxina 12)
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/unguentario/vuelve/casa/elpepiautgal/20080408elpgal_22/Tes
3 comentarios:
Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
AQUÍ
O microcosmos vigués nunca deixa de sorprender, moven ceo e terra para recuperar un pouco de barro traballado pero non se movilizan polo estado de conservación do castro, das escavacións do Museo do Mar, etc, etc, etc, Vigo is diffrente!
Moitas grazas por convidarnos a esa xuntanza. Lamentablemente non vou poder ir porque teño un compromiso esa fin de semana en Monforte. De tódolos xeitos tentaremos achegarnos e, por suposto, publicitarémolo debidamente en Arqueoneixón. Noraboa pola iniciativa.
Publicar un comentario