27/3/08

JAE


Onte clausurouse unha exposición no Museo do Pobo Galego sobre o impacto da Junta de Ampliación de Estudios (1907-1936) no desenvolvemento científico deste país. Grazas á JAE puideron amplia-los seus estudos e investigacións no estranxeiro xente vencellada a Neixón como Florentino López Cuevillas, Fermín Bouza Brey, Antón Baltar ou o mesmo Castelao, quen marchou cunha bolsa da JAE para face-lo seu famoso estudo sobre as cruces de pedra na Bretaña. Ramón Otero Pedrayo lembraba como en Pontevedra, a clase benpensante, de puesta de largo no Casino e puro na praza de touros, se preguntaba por que Castelao, o funcionario de estatística e profesor de debuxo na cidade do Lérez, marchaba a Francia pagado polo goberno a estudar cruceros de guerra.

Fotografía: Cruceiro da parroquia de Cespón recollido n’As Cruces de Pedra na Galiza (lámina LXXIII).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Agora os bempensantes de posta de largo e puro nos touros pensarían nun Castelao embarcado en cruceiros polas illas gregas...