Ex Oriente lux
O xove médico Roberto González del Blanco tiña un fondo interese pola Arqueoloxía e polo orientalismo, cultivando un exotismo romántico de tradición decimonónica, ben reflectido na súa pintura deste momento. Por estes anos (1915-1917) será cando visite en varias ocasións Tánxer, convidado polo Bispo Administrador Apostólico de Marrocos; nesta cidade retrata a este personaxe e pinta moitos cadros de temática oriental, entre eles Las caricias del Bukara, obra moi eloxiada pola crítica da época e verdadeiro referente pictórico desta etapa da súa obra. Entre 1920 e 1925 reside en La Habana e en New York onde establece estudo na rúa 47 e traballa para a prestixiosa casa de vidrieiras Lamp.
Fotografía: O pintor en Tánxer en 1918 (Arquivo familiar)
1 comentario:
Entre a foto esta e as verbas de Borobo, son fan de este home dende xa.
Achegareime a rúa 47 a ver si me da algunha inspiración fenomenolóxica desas!
Publicar un comentario