Certo é
O xornal barbanzán Certo vén facéndose eco dende hai tempo dalgúns dos posts de Arqueoneixón, o cal agradecemos moitísimo. Pero aparte diso, interésanos falar deste xornal porque incita á reflexión ao tratar de xeito polémico (no senso positivo do termo) temas de actualidade centrados nesta zona de Galicia. Velaí esa metáfora protohistórica da portada do último número para poñer sobre a mesa a calidade da oferta turística de Barbanza. Nós, en Neixón, ao longo de cinco anos, temos visto de todo: un californiano que veu exclusivamente sete días a Galicia para ver os xacementos arqueolóxicos de Barbanza, uns turistas despistados que viñan a ver un cromlech ao Castro Grande, un xornalista do New York Times especializado en críticas turísticas, políticos que afirman que o castro é vikingo e que hai que incluílo no circuito da Romaría vikinga de Catoira, voluntarios de Canadá, Turquía e Xapón, técnicos de turismo de moitos sitios que se quedaron no modelo de paradores e miradores do ano 1965, etc., etc... O debate está servido. O que é doblemente certo é que, malia tódalas eivas (humanas, infraestructurais e demáis), o Barbanza conserva incólume o seu poder de atración para o turismo, un poder que cómpre encauzar, maximizar e explotar con meirande racionalidade.
2 comentarios:
Hola, e qué ló!Certo é que hai moito que traballar neste eido, e de feito xa se van vendo alghúns avançes, como a asoçiaçión "Arousa Norte". Pero coido que é fundamental encauçalo dun xeito que nos distingha dos demáis, e iso podería ser o turismo ecolóxico. Non me cabe na cachola que na Ghaliçia inda non haia ninghún hotel ou casa rural bioclimática, ou restaurantes que coçiñen productos ecolóxicos (creo que xa hai alghún por Santiagho).
Unha aperta dende Aghiño
PD: Se non che importa vouche a enlaçar na miña bitácora
O Barbanza é como o cofre do tesouro cheo de riquezas
Publicar un comentario