13/2/08

Campos de concentración

Onte presentouse na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela o libro Galiza na Guerra Civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo de Xesús Costa e de Xesús Santos, editado polos concellos da Pobra do Caramiñal e de Rianxo. Todo un modelo de Historia local, Microhistoria e Historia oral da man de dous mestres, cidadáns, apaixonados e rigorosos. Segundo eles o que lles levou a inicia-la súa investigación hai cinco anos foi o feito da desaparición física dos restos materiais dos campos de concentración. Co gallo de solventar ese baldeiro procuraron testemuños sobre a vida cotiá nos campos, os mandos, os presos e o comportamento solidario da comunidade local. Seguindo este modelo, neste ano 2008, o proxecto de Neixón contempla un estudo arqueolóxico integral dos restos materiais da represión franquista, así como das explotacións de wolfram dos anos 40 na zona do Barbanza. Este proxecto, coordenado por Xurxo Ayán (IEGPS), Alfredo González Ruibal e Pedro Fermín Mcguire (Universidad Complutense) dará lugar a un estudo preliminar que será presentado no World Archaeological Congress en Dublín (29 de xuño-4 de xullo) na sesión Archaeology and the failures of Modernity.

Fotografía de Xurxo Ayán: ruínas do campo de concentración deRianxo. As pedras da paredes estradas polo chao, agora un solar onde se ergue unha moderna urbanización. Xuño de 2007.

6 comentarios:

Unknown dijo...

Facemos referencia ao voso blog por este post no noso xornal. E podedes ver unha entrevista que lle fixemos a Xesús Santos en
http://eniac-informatica.com/xornalcerto/index.php?page=xesus-santos

incognito dijo...

Este mensaxe e para o Ayan: estou escribindo un artigo sobre a historia local para o profesor Barros e gustariame saber se me poderias comentar un par de cousas via mail. Gracias de anteman

El Ayán dijo...

O meu mail é phxurxo@usc.es

Davidviso dijo...

Hola Xurxo,
Soy David, de Asturias. Me interesa mucho el libro que comentas en el blog. ¿Puedes pegar aquí la referencia completa a ver si lo consigo? Venga, gracias eh. Saludos para Maguire, ya de paso jeje

El Ayán dijo...

Ola David.
Poi a referencia é esa:
Xesús Costa e Xesús Santos. 2008: Galiza na Guerra Civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo. Edición dos concellos da Pobra do Caramiñal e de Rianxo.

O libro está á venda en librarías como a de Couceiro (Santiago). Teñen páxina web ou sexa que llo podes encargar.

Unknown dijo...

Hai que ler este artigo tamén, de Manuel Gago, sobre o de A Pobra. Mediño mete!
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2006/11/19/volver-ao-campo-de-concentracion-da-pobra-do-caraminal