A cidade asulagada
O Portomarín vello é unha ruína arqueolóxica que de cando en vez, coma unha Atlántida medieval, rexurde das augas coma as míticas lamias ou as xacias do río Miño. As lendas sobre cidades asulagadas e condanadas son un tesouro do patrimonio inmaterial galego. As ruínas de Portomarín recórdanme á antiga cidade de Miraflores, abandonada pola invasión de millóns de formigas. A plaga obrigou ás xentes a trasladarse a un outeiro entre os ríos Rubín e Saa. A auga impedía o acceso ás formigas. Esta lenda explicou durante séculos a orixe da Pobra de Brollón (Terra de Lemos, Lugo), unha vila medieval emprazada nun antigo castro mineiro romano. A Cidade de Miraflores non era outra cousa que unha espectacular explotación aurífera en xacemento secundario, coñecida aínda hoxe como Os Medos (da mesma raíz que As Médulas, por exemplo). Isto sabémolo pola ciencia arqueolóxica. E que queredes que vos diga, prefiro a ensoñación, maxinar as míticas cidades asulagadas... e non caír no aburrimento da veracidade histórica.
3 comentarios:
Gostei muito desse post e seu blog é muito interessante, vou passar por aqui sempre =) Depois dá uma passada lá no meu site, que é sobre o CresceNet, espero que goste. O endereço dele é http://www.provedorcrescenet.com . Um abraço.
Preciosa foto e un texto carregado de lembranzas e lendas que é o que nos traen as ruinas.
Feliz 2008 e que sigan habendo achados tan preciosos.
Escoitar as historias dos que foron poboadores do "Portomarín vello", relatando a dureza do traslado, cos poucos enseres cando xa empezaban a asulagarse as suas vivendas resulta demoledor.
Boa imaxe, que seguramente é deste ano, coa perspectiva dos caneiros.
Un saúdo
Publicar un comentario