6/8/07

Metáfora


Un pico polo que escoa a Historia, polo que verqueu vida no seu tempo, apreixado por beizos sedentos. En Arqueoloxía somos moi dados á poesía de cantina, empregando metáforas de folletín: o río da Historia, os sumidoiros da Historia, as capas da cebola, a Historia dende abaixo, Historia magistra vitae.
Contra o final da película O Pianista, o protagonista dáse conta da fuxida dos alemáns de Varsovia, sae á rúa vestindo un abrigo de oficial alemán. A piques de ser acribillado por este malentendido, pregúntanlle a razón pola cal viste esa prenda: porque teño frío. A sinxela resposta, funcionalista, agocha cinco anos de conxunturas históricas.
Que os castrexos tiñan sede é algo obvio. Como dicían os vellos da miña aldea: Haberá que molla-la palabra.
Banquete, ritual, simbolismo, sociedade.

No hay comentarios: