24/8/07

Fráxil


Na zona do río Brea, fronteira natural entre Cespón e Beluso, existe unha necrópole megalítica, ao carón do mar, na liña de tránsito natural que seguiu o camiño real e a estrada de finais do século XIX. Esta mámoa fora cortada daquela e rematada ultimamente coa construcción dun aparcadoiro dun restaurante. Ao carón dun contáiner e do anuncio dunha pelexa de boxeo, vemos, degoldrado, un cartón cáustico e lacónico que reza:

FRÁGIL: NO DAR VUELTAS

2 comentarios:

Sara dijo...

Está claro, si es que darle vueltas solo iba a servir para rayarse: el yacimiento ha quedao visitable y-pun-to! Y para más inri integrado en las actividades económicas de la comunidad local. Un lujo!

ivan dijo...

Unha auténtica "mamoatomía"!!!
Qué magoa, coas técnicas pouco invasivas que hai hoxe en día que fixeran esta amputación...!
As mámoas de formigón e asfalto non che son o mesmo...