10/7/07

O currucho dos porcos


Este galpón que domina a enseada de Rial e maila desembocadura do río Ulla foi unha boa idea. O seu constructor atopou ao cimenta-lo edificio o coñecido casco de Leiro, unha das xoias do Museo de San Antón na Coruña. Metido nun cacharro cerámico e tapado por unha lousa, este casco de ouro foi testemuña da chegada dos comerciantes fenicios, cartaxineses e romanos, da arribada dos drakar vikingos, dos corsarios ingleses no século XVI, da chegada do tren no século XIX... Aparte do seu valor histórico, acompaña ao casco unha historia oral digna de formar parte dun conto de Monterroso ou de Xuan Bello.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Noraboa polo Blog Xurxo. Eu xa teño andado moito polo Curruncho dos Porcos, onde un día levoume José Vicente Somoza para contarme como atopou o casco de Leiro e como despois veu a familia de América a pasar o detector de metais...pero como él di...todo o ouro que había aquí atopeino eu. Todo esto xa o contei varias veces en congresos serios e en inglés. Ahí o tedes na miña web. Agora ando a escribir dos tesouros da Idade do Bronce en galego. Tesouros pechados en vitrinas, mudos, lonxanos, isolados...eles que foron tanto...