Mascota
Un enterramento intencional dun animal nunha casa galaicorromana abandonada do Castro Grande de Neixón. A persoa ou persoas que depositaron o cadavre tomáronse a molestia de escavar unha foxa, cubrila cunha morea de pedras e sinala-la tumba cunha pedra finca a xeito de estela, que resulta se-la antiga soleira da vivenda.
A análise radiométrica dos ósos dirá de que época é. A análise paleontolóxica detallará a especie, idade, etc... Todo moi científico. Malia os datos empíricos e o avance dos coñecementos, nada é comparable á cercanía que estes ósos nos prestan ao mundo dos sentimentos dunha xente que estivo e xa non está.
A todos chegarános o San Martiño.
6 comentarios:
Co esta foto descubro que os nosos ancestros tiñan o seu corazonciño tamén.
Fíxome lembrar o can que morreu en Pompeya.
"Finis gloriae mundi"
juas tanta historia polo fillo dun cacique, incluso eles teñen sentimentos pola da sua propia caste e non o ian deixar nunha cuneta o alcance de calquer desarrapado-sometido que seguro non teria moitos inconventes ou escrupulos en botarlle o dente a tan saboroso vastago
Creo que es un topo gigante, que se tumbó a descansar despues de furar todo el yacimiento....
En que parte da casa apareceu o bicho en cuestión.
Meus non me sexades simples, non creo que fose por se la mascota da casa, precisamente.
E o máis importante, sabese que bicho e o bicho?, un can, un porco, ... un xabarínciño
Un Saudo a todos
PD: Gustame máis este nome que o anterior,creo que deixo iste.
Publicar un comentario