10-07-2007
Un pote cerámico no foxo S da entrada SE ao Castro Grande. Dilema: un pote en busca de autor:
Arqueólog@ 1 (tradicional): vasilla con perfil en S, forma globular, labio arestado, fase II, bla, bla, bla...
Arqueólog@ 2 (funcionalista): pote de uso doméstico guindado a un vertedoiro. Cómpre facer análises de residuos para coñecer que tipo de alimentos ou líquidos contiña, bla, bla, bla...
Arqueólog@ 3 (feminista): unha mostra máis da cadea técnico-operativa seguida polas alfareiras castrexas que reflectían os conflictos de xénero e reafirmaban a súa identidade, bla, bla, bla...
Arqueólog@ 4 (contextual): cultura material como ferramenta de construción da realidade social, sanción simbólica da entrada ao Castro Grande, un producto da axencia social, bla, bla, bla...
Restaurador: é necesaria unha extración en bloque do cacharro, posterior extracción do sedimento, utilización de pasta, bla, bla, bla...
Señora 1: vaia carallo, eu levo vivindo toda a vida aquí e nunca tal vira, iso puxéstelo vós, que antes non estaba.
Señora 2: xa dicía o meu avó que aquí vivían os mouros, que eran xente pequena, que tiñan tesouros, potas e cousas desas.
5 comentarios:
Gracias!!!
Anónimo 1: Joder, e tanto movemento de terra pa esa merda???
impresionante
Moi boa a coña coas distintas imterpretación posibles segundo a escola e libriño de cada un, san relativismo con humor. Como che debe ser.
Si, realmente os arqueologos din cousas así,e polo estilo, e de cote totalmente en serio, o cal resulta ainda máis surrealista de cote que o propio contido da "interpretación".
Creo que o fin, parte da culpa a teñén tamén os antropologos, que tamen din cousas ao xeito, ou máis peculiares ainda, que ao fin o teñen demasiado crido ("La Grandere" da Teoría Antropolóxica),e logo simplesmente non aceptan nin saben acertar as críticas. E iso ao final cando se fai ciencia sen paciencia e a xente se cree demasiado a si mesma, termina pasando a factura da "solemnida absurda" e as veces dadaista. En resume, ai meu filliño e que diran de nos cando teñamos morto ... es sexamos material arqueolóxico.
Un Saudo a todos
PD: E teño amigos antropologos, e ata un ex-moza antropologa, que quede claro.
Pois o dito moi boa a coña, boisima Xurxo
Publicar un comentario