29/6/07

Petroglifeiros


A adopción de motivos decorativos da arte prehistórica é xa un clásico dentro da estratexia de márketing da Galicia celta, Galicia meiga, Galicia verde, Galicia a celtic window on Atlantic sea e todo iso. Petroglifos da Idade do Bronce véndense como arte celta nas tendas de Compostela. Invencións, reinterpretacións, ensoñacións. Á fin e ao cabo, a propia cidade é unha invención. No campo de traballo poderás face-lo teu propio arenoglifo, orixinal e personalizado. Aforrarás cartos e de paso, aprenderás bastante sobre a arte rupestre en Galicia.

1 comentario:

becken dijo...

A cuestión é vender. É a moda. ¿non usa a coca-cola ó Nicolás? Agora o que está de moda é o autóctono, ser nacionalistA.
Hai que aproveitar a situación para que a xente coñeza o seu patrimonio e o respete e protexa porque senón estamos no de sempre: iso non son máis que catro pedras vellas.