13/6/07

A dous carrillos


Unha mandíbula de ovella ou cabra agroma no perfil dunha sondaxe. Sucesivos depósitos de cunchas sucédense, enchendo o interior dun foxo defensivo do Castro Grande. Cunchas de ameixas, caramuxos, mexilón e, sobre todo, ostras. Refugallos dunha mariscada. De segundo, coma sempre, a elixir: carne ou pescado. Todo un banquete, aínda que está palabra causa alerxia aos arqueólogos positivistas. Eu creo que deberían de ler máis Astérix e Obélix, tomando nota da viñeta final.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Non che sería o remoto antecedente dos "pinchiños" actuais dos actos oficiais, ... a "PROTO-INAGHURASION"!!!

Proto-Fragas castrexos tirando a palloza pola venta por todo o alto, sen placa eso que non escribian, para inagurar as murallas,

¡Queda inagurado este Castro!!!"

Anónimo dijo...

Dito en broma pero totalmente en serio, que conste. Eu tampouco che son moi positivista, ainda que sexa positivo.


Un Saudo a todos