13/6/12

En construción




En Alemaña tamén o ladrillo forma parte do tecido produtivo do país. Frankfurt é o mellor exemplo, cos seus rañaceos e torres financeiras de deseño, arquitectura monumental que espanta o trauma da destrución ocasionada pola 2ª Guerra Mundial. Así é todo, a diferenza co Reino de España é absoluta. Quizabes podamos entender o contraste atendendo a dous detalles. Alguén maxina ao típico broker-tiburón-político-Gürtel-Deputación desbotando o AUDI, BMW oficial e o chófer? No barrio financeiro de Frankfurt a xente do business vai en bicicleta ao seu posto de traballo. O segundo detalle atópase nos Museos, que é o que acontece nos países civilizados. Onte saímos ás doce da noite do FilmMuseum, un martes. E todo isto nunha das zonas máis industrializadas do planeta.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Outra diferencia:
Alemaña: rañaceos con cousa dentro (empresas)
España: rañaceos con nada dentro (especulación inmobiliaria).
Parece que pensamos que chega coa cáscara para que creza a economía.