31/5/11

Falan os cidadáns


Imos ir debullando as opinións verquidas na Voz de Galicia edición Barbanza contestando á pregunta ¿Cómo cree que se podría potenciar el castro de Neixón, después de haber sido declarado BIC?.

María Barreiro de Porto do Son:
Tenemos dos importantes yacimientos en la comarca y debería trabajarse en red para potenciar la realización de visitas a ambos. En el caso de Neixón, las visitas guiadas son imprescindibles, pero hay que amenizarlas con algo, que la gente pueda ver, aunque sea a modo de reproducción, algo que complemente lo que es el yacimiento realmente. Para todo esto hace falta dinero y estas no son buenas épocas, pero muchos sectores, como hostelería e, incluso comercio, pueden verse beneficiados. La empresa privada debe intervenir.

O proxecto arqueolóxico de Neixón entre 2002-2008 contribuiu á consolidación dos castros como referente identitario, como o amosa a creación da Asociación de Veciños Neixón de Cespón en 2007. Pola súa vez, creou as condicións precisas para a aparición de negocios na contorna coma o hostal de turismo rural Neixón. Neste senso, María Barreiro ten toda a razón. O que xa é máis debatible é esa necesidade de grandes investimentos para a posta en valor da área arqueolóxica de Neixón. Durante seis anos, a nosa escavación aberta a todos incluía a realización de visitas guiadas completas aos xacementos cun custe cero. Os visitantes coñecían de primeira man os resultados da intervención, podían tocar o pasado e comprender un sitio tan complexo como Neixón. A maiores, contamos con dous libros e unha longametraxe documental. Hai recursos dabondo para ao visitante. A traxedia da área de Neixón é a falla de formación dos encargados do CAB e a desconexión absoluta existente entre a Aula Didáctica e a área arqueolóxica de Neixón. Pola súa vez, o boicot continuado cara ás nosas investigacións por parte de Barbeito impide que ao cidadán lle chegue información actualizada sobre os xacementos. Se ollades os carteis veredes que se recollen ideas obsoletas de hai moitos anos. Noutro tema ten razón María, na inexistencia dunha rede comarcal, cada quen fai a guerra pola súa conta: arqueódromo de Ribeira, centro de interpretación de Baroña en Porto do Son, Cab, etc...

Figura: reconstrucción hipotética do sector 01 do Castro Grande de Neixón no século I d. C. Acuarela de Antonio Ayán.
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/05/19/01121305835605058829758.htm

23/5/11

A todo marrao lle chega o seu San Martiño


Varios dos responsables da desfeita de Neixón foron castigados nas urnas pola cidadanía de Boiro. Aínda que o mal xa está feito, agardemos que os novos responsables non repitan os mesmos erros. Disto falamos máis en extenso no xornal certo.

Fotografía: leitón atopado nunha casa galaicorromana do Castro Grande de Neixón. Campaña de 2007.

http://certo.es/index.php?page=a_todo_marrao

20/5/11

Neixón: zona arqueolóxica



Vía Xornal Certo acabamos de coñecer que o Consello da Xunta vén de declarar Neixón Zona Arqueolóxica. O proceso fora paralizado pola destrución na área presumiblemente a protexer de estruturas importantes da propia área arqueolóxica. Obra, por certo, promocionada polo Excmo Concello de Boiro. Isto obrigou a unha ampliación da área de protección, como se isto protexera dos político e adláteres destrúecastros. Por suposto, detrás do concepto e Zona Arqueolóxica agóchase toda unha metahistoria lamentable. O luns, despois do domingo, falaremos deste tema.
Polo momento, quedádevos co mapa que tendes aquí enriba, o mellor exemplo do modelo vixente de xestión do Patrimonio arqueolóxico neste país.

http://certo.posterous.com/boiro-declaran-ben-de-interese-cultural-na-ca

18/5/11

Guinea 1913





Voltemos ao exemplo da casa colonial da explotación de cacao que puxemos o outro día. Velaquí tedes a foto de 1936 e o estado actual da vivenda, ocupada por familias da zona. A casa é toda unha escenografía arquitectónica modernista que materializa a visión da burguesía urbana española coas súas vilas de campo, grandes balconadas e escalinatas señorais. Pero a casa non é nada sen o seu contexto, sen os galpóns anexos nos que malvivían os obreiros nixerianos e bubis semiescravizados para producir cacao adicado á exportación a Europa. Moitos patios españois son hoxe ruína arqueolóxica, mentres doutros só queda o nome mentres o solar desapareceu comesto pola selva.

Arqueoloxía da Arquitectura




Pero la ciudad no cuenta tu pasado, lo contiene como las líneas de una mano, escrito en las esquinas de las calles, en las rejas de las ventanas, en los pasamanos de las escaleras, en las antenas de los pararrayos, en las astas de las banderas, cada segmento surcado a su vez por arañazos, muescas, incisiones, comas.
Esta cita de Italo Calvino encabeza o traballo de posta en valor do Patrimonio arquitectónico e urbano de Guinea ecuatorial desenvolto por un equipo liderado pola catalanoguineana Laida Memba, con quen coincidimos no noso traballo na illa de Mandji. A súa investigación estase a faceR nun intre no que o desarrollismo está a rematar cos vestixios da arquitectura colonial no país. Nas fotografías podedes ver a casa verde, un dos poucos edificios que se manteñen en Malabo mentres outros morren esborrallados polas pás escavadoras. Pero Aparte deste valor arquitectónico intrínseco, tamén fornecen estes edficios moita información sobre o colnialismo como proceso ideolóxico e material. Este é o caso da arquitectura erguida polos misioneiros claretianos entre o XIX e o XX, tema que está a estudar a nosa compañeira Sonia García (LAPA, CSIC).
Fotografías: Sonia García Rodríguez, Malabo, febreiro de 2011.

11/5/11

Leccións de democracia


En Arqueoneixon non somos militantes nin simpatizantes de ningún partido político, nin de coña. Facémonos eco desta nova do PSOE de Boiro porque non deixa de ser rechamante. O aspirante Ares á alcaldía, alma mater da desfeita da área arqueolóxica e campo da festa de Neixón nestes últimos tempos, defende un proxecto de «democratización e modernización social promovido polos socialistas boirenses no noso programa Construíndo o Boiro das persoas, que busca fomentar unha maior transparencia e participación cidadá nas cuestións referentes ao goberno municipal mediante o emprego dos medios de comunicación dixital».
«Vivimos nun mundo en plena revolución dixital», polo que «a xestión do goberno municipal non pode permanecer allea ás demandas da cidadanía, e debe transformarse para achegarse aos veciños»
Claro, por iso aplican políticas de feitos consumados, pasan amplamente e ningunean á comunidade local, con intervencións á marxe de calquer negociación cos habitantes da contorna de Neixón. Cando se cargaron un cuncheiro no foxo desmantelado polas obras de ampliación do CAB o ano pasado, ante a pregunta crítica dun veciño que vía saír camión cargados de cunchas, recibiu como resposta dun responsable socialista do concello: Esta obra hai que facela por collóns. Supoño que será un ruxe ruxe sen sentido, propio del pueblo llano. O Boiro das persoas.

Cacao


A illa de Bioko era a illa de Fernando Poo na época colonial, paradiso da explotación de cacao para unhas cantas empresas españolas, que deixaron a súa pegada nos topónimos dos patios comestos hoxe pola selva. Un deles é o patio de Elgoriaga, é dicir, da famosa firma vasca Elgorriaga, camiño de Malabo a Batete. Os brancos españois tiñan ao seu servizo a semiescravos bubi pero sobre todo nixerianos para o mantemento das prantacións de cacao. Esta clase subalterna vivía en barracóns ao sopé da residencia colonial. Velquí tedes un exemplo desta arquitectura da explotación. A fotografía antiga é de 1936. Durante a época colonial os españois trasladaron poboacións enteiras do continente á illa para incrementar a produción, xa que se tiña en moita consideración a capacidade de traballo dos fang. Os empresarios capitalistas presionaron ao goberno español para consolidar este sistema de explotación no primeiro terzo do século XX. Antes da independencia en 1968, existía todo un lobby do cacao ao servizo de Carrero Blanco.

10/5/11

Santo Eufrasio




O Incio non é só a terra do poeta Lois Pereiro, o universo bravío de Fole ou o berce da cantante nacional Lucía, tamén é o solar de adopción de Santo Eufrasio, varón apostólico de Andúxar cuxos restos foron traídos ao val do Mao polos devotos mozárabes no século VIII da nosa era. A grande festa de Santo Eufrasio é o vindeiro 15 de maio. Coma no caso de San Trocado nas terras do Ribeiro, este santo adoptado polos galegos foi unha ferramenta máis na apropiación simbólica do espazo, nun intre no que nesta zona o mosteiro de Samos artellaba o territorio a instancias da monarquía astur-leonea. Antolóxico foi o cabreo dos fregueses das parroquias do Mao no século XVI cando a Felipe II lle deu por devolver os restos do santo a Andúxar. Todo un tesouro por estudar dende a Historia das mentalidades.

9/5/11

Tu primer castro, chispas


O castro da Torre é especial porque foi alí onde participei na miña primeira escavación arqueolóxica. Os que traballamos nisto manexamos todo un código gremial, como en todos os traballos, e temos as nosas propias leis de murphy e ritos de paso. Os arqueólogos e arqueólogas estamos afeitos a ter un vencello coa materialidade, o espazo e o territorio. Mentres nos empeñamos estupidamente sen remedio en viaxar polo tempo, o que facemos é afincarnos todavía máis nun sitio ao que pedantemente alcumamos xacemento, esa palabra que ninguén entende. Este vencello fenomenolóxico cos sitios é unha das grandes satisfacións da Arqueoloxía a diferenza doutros traballos. Pasamos moito tempo tentando comprender un sitio, falando coa comunidade local, participando dunha redescoberta colectiva... todo iso vai conformando unha lembranza idealizada, como a que eu teño da escavación en 1995 no Castro da Torre. Na fotografía podedes ver a casa na que estiven escavando por primeira vez. Como bo novato, cargueime parte dun pavimento sen decatarme. Esa foi a miña gloriosa entrada no mundo do espazo doméstico castrexo. Dezaseis anos non son nada, ou si, depende. O tempo pasa. Antonio Álvarez, o arqueólogo que me deu esa primeira oportunidade de facer o único que ao final sei facer, xa non está connosco, pero o seu recordo perdura tanto ou máis que as milenarias pedras do castro da Torre. STTL.

O Castro da Torre



O Castro da Torre en Sobredo do Courel é unha auténtica animalada. Nesta panorámica podedes ver, alá ao fondo á dereita, o corte brutal do foxo deste poboado. Dado a coñecer polo equipo de Luzón en 1980, con planimetria de Sánchez-Palencia, o artífice da súa recuperación foi Antonio Álvarez, practicante na Pobra de Brollón e arqueólogo vencellado para sempre á arte rupestre de Campolameiro. As escavacións por el dirixidas na década de 1990 amosaron a monumentalidade dun poboado cun plantexamento urbanístico que se poñía en relación coa enxeñería militar romana, con praza empedrada, alxibe e torreón incluídos. Así e todo, o nivel de ocupación principal dátase entre os séculos II-IV da nosa era, é dicir, cando supostamente se abandonan xa as minas de ouro do Courel (século II). Todo un misterio.

Sinais de identidade





Un traballo de investigación interesante sería abordar a realidade da sinaléctica arqueolóxica e patrimonial en Galicia. Esta pescuda de campo falaría moito máis de NÓS que calquer congreso de transición Bronce Final-Idade do Ferro, sen dúbida. Os carteis que vedes atópanse nas terras montesías de outos e tesos cumes do Courel Unha vez máis, exemplifican perfectamente o despróposito das políticas turísticas con fondos europeos, e mailas obsesións da Arqueoloxía profesional en Galicia. Ese non pisen os muros evidencia a concepción do público coma un perigo potencial. Nun congreso hai poucos anos en Betanzos, uns arqueólogos galegos presentaban o seu traballo de documentación e protección dunha área arqueolóxica. O traballo fíxose loxicamente con fondos europeos. A atración do turismo empregouse como excusa perfecta para atraer financiamento, cousa que facemos todos os arqueólogos deste pais. O problema é que cando chegan os turistas, os arqueólogos comezan a verlle as orellas ao lobo e procuran por todos os medios evitar a democratización dese Patrimonio alegado criterios conservacionistas. Eses arqueólogos que vos digo propuxeron sen ningún pproblema que aos visitantes se lles puxese unha pulseira que permitira mediante un sinal telos controlados. Como volo conto, nin Constitución española nin ostias. Este é o panorama. Hai anos, no 1999 fixeramos unha proposta para o Plan Leader, para a posta en valor da paisaxe do Courel. Porque O Courel non é un espazo natural, senón que en grande medida é unha paisaxe modelada pola minería romana. Este valor engadido permitiría facer un discurso precioso sobre esta terra de lobos e lendas, fomentando a participación activa do visitante. En troques, o que temos son sinais con patéticas visións sobre a cultura castrexa, carteis abocados ao lixo cando informan da vida cotiá hai 2000 anos, como este que vedes na foto, en Seoane. Demasiado triste para unha paisaxe na que os castros deixaron unha fonda pegada, como anunica outro dos carteis en Froxán.

6/5/11

Por que?





Imos facer de Mourinho, por que? Por que os ex-colonos españois en Guinea Ecuatorial (expulsados e autoexpulsados en 1968-1969), os ex-colonos italianos en Libia (expulsados e autoexpulsados en 1970), os ex-colonos portugueses en Angola e Mozambique (expulsados e autoexpulsados en 1975) seguen a preguntarse por que? Por que? Se levaron o progreso e a civilización a países primitivos porque llo pagaron así os negros/pretos? Se se portaron sempre ben coa poboación local. A nosa investigación sobre arqueoloxía do colonialismo en Guinea Ecuatorial tenta respostar ao por que das fotografías que acompañan o presente texto. Por que?

5/5/11

Arqueoloxía do colonialismo


Se empieza a observar una sociedad clasista en Bata [capital de Guinea continental]; ya tenemos pobres y ricos; ya hay bastante desigualdad social en Bata. Esta es una novedad preocupante, pero algunas cosas nos ponen de acuerdo o nos unen: el pepesup, las iglesias y el barcelonismo y el madridismo. Debemos agardecer el hecho de que todavía puedan tomar juntos el pepesup en Bata un ministro y un sereno o un taxista, como si tuvieran los mismos proyectos, los mismos problemas... Y durante la toma del pepesup, ambos pueden intercambiar sus impresiones acerca del nuevo fichaje del Barcelona o del Real Madrid; aunque muchos de estos que vuelan alto, cuando saben que les oyen, prefieren hablar del Nzalang Nacional, para poner de manifiesto su 'nacionalismo'.

Mariano Ekomo. "El Color de Bata. Visiones desenfadadas y desenfocadas de Bata". En Atanga, 3. Julio-septiembre de 2010: páx. 59. Revista de los centros culturales españoles de Malabo y Bata.

Fotografía de Sonia Rodríguez: Misión claretiana española arruinada na illa de Corisco (Guinea Ecuatorial), febreiro de 2011.

2/5/11

Dous modelos, unha realidade


Aconsellamos dende arqueoneixon que vexades dúas novas encol do Patrimonio arqueolóxico galego. Por unha banda, as declaracións do Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia sobre a protección e recuperación do castro de Baroña

http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2011/05/02/0003_201105G2P27991.htm

E por outra banda, a proposta efectiva de Manuel Gago en Capítulo 0 para unha wikipedia do Patrimonio Arqueolóxico Galego Patrimonio galego.net

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/05/02/patrimoniogalego-net-a-wikipedia-do-patrimonio-cultural-galego/

Dunha banda o modelo tradicional, burocrático, administrativo, dirixista, tecnócrata, metodócrata, e doutra banda, unha reivindicación da participación da cidadanía na construción do coñecemento e na proteción e difusión dun Patrimonio que é de todos. A este respecto, hai pouco escribimos o seguinte:

Esta es la realidad a comienzos de una nueva década que está viendo la aparición de nuevos Patrimonios emergentes, de nuevos canales para una verdadera democracia cultural, de nuevos contextos en los que el propio concepto de comunidad cambia, englobando comunidad local, comunidad virtual y participación ciudadana (Ugarte 2010). Mientras estas redes entre pasado, presente y futuro se están articulando , la Arqueología de nuestro país se empeña en poner puertas al monte, en fomentar la exclusión social en proyectos financiados, en muchos casos, con fondos públicos, en reproducir prácticas oscurantistas. En el año 2011 se vuelca información a la Red desde una excavación arqueológica en tiempo real, y si no lo hacen los arqueólogos ya habrá alguien que lo haga con la cámara de un teléfono móvil. Los tiempos cambian, pero la mayor parte de profesionales de nuestro país siguen empecinados en mantener modelos premodernos en tiempos paramodernos, siguen viéndose como los especialistas y aprendices de La lección de anatomía de Rembrandt, velando por su saber al margen del vulgo, controlando la información, con claúsulas de confidencialidad, supervisiones, censuras, solicitudes de permiso de publicación, fatuos intereses curriculares y veleidades personalistas. Mientras la ciudadanía demanda Patrimonio y reflexiona críticamente sobre él, ahí estamos los ridículos arqueólogos, supercientíficos, rodeando el cadáver de la Lección de Anatomía protegiéndolo de los ataques de la ciberturba. Si seguimos negando la realidad, será demasiado tarde cuando nos percatemos de que el cadáver que estamos diseccionando es, precisamente, el de la propia Arqueología como Ciencia Social.