28/4/10

Que facemos co cadavre?


O show continúa queridos amigos e amigas de Arqueoneixon. Preparade os narices vermellos de pallaso para seguir desfrutando do circo montado polo Concello de Boiro. Seica Deira, Ares, Piñeiro e Barbeito son artífices do homicidio involuntario dun foxo e agora non saben que facer co cadavre. Recoñecendo a eterna improvisación na que viven, despois de destruír o Patrimonio agora queren reintegralo no futuro museo. Como dicía El Fary, pero que grandes, pero que grandes son!!!:

El hallazgo tendrá presencia en futuro museo
Está por ver cómo se hará, pero lo que tienen claro en Boiro es que el último hallazgo en torno al castro de Neixón tendrá representación en el futuro edificio. Desde el centro arqueológico indicaron que aún está por ver si será posible integrar el foso dentro del diseño arquitectónico de la ampliación, pero aseguraron que, en todo caso, sí tendrá presencia en el proyecto museológico que se desarrollará en el recinto.

Se trata de incluir la zanja en los contenidos del futuro museo, ya sea mediante una recreación o haciendo mención a ella de otro modo para informar al visitante.


http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/04/25/0003_8441310.htm

26/4/10

Basta xa



1. Que fan operarios municipais, que non son arqueólogos, escavando un foxo da 2ª Idade do Ferro?
2. Por que a protección do Patrimonio é un sinvivir para o tenente de alcalde de Boiro, o concelleiro de cultura e o suposto arqueólogo do CAB?
3. Por que respiran aliviados despois de destruír parte do Patrimonio arqueolóxico de Neixón?
4. Compo pode botar ao traste a ampliación do CAB o achado dunha estrutura arqueolóxica do xacemento ao que debe interpretar o Centro Arqueolóxico de Barbanza?
5. Como se pode ser tan ignorante e falar dunha zanxa de pouca profundidade (vexan a foto), dun achado sorprendente, dunha estrutura de delimitación de encerradoiros de gando despois de máis de mil páxinas publicadas sobre os castros de Neixón?
6. apenas se hallaron muestras de cultura material, salvo algún fragmento de cerámica y vasijas.Que desfachatez.
7. Ata o propio Ares recoñece que a paralización do proxecto impediría xustificar perante o Estado o investimento. Ou sexa, o Patrimonio estorba, molesta. La pela es la pela. Máis claro auga.
8. Por que a comisión provincial autoriza semellante animalada?
9. A escala de toda Galicia La Voz de Galicia mantén unha política editorial encomiable de denuncia de atentados contra o Patrimonio. Mesmo a edición Barbanza adica çáxinas enteiras á afección sofrida por un petroglifo en Noia, un pazo en non sei onde etc... Pero, por que no caso de Neixón, este medio de comunicación semella o NODO, un voceiro municipal que trasmite entusiasticamente todo o que fai o Concello, e concretamente Xerardo Piñeiro? Por que sempre tenta lavarlle a cara aos responsables desta desfeita con notas de prensa saídas do Concello que non pasan un mínimo filtro xornalístico?. Paragrafos como o que segue non son de recibo: Las últimas semanas han sido un sinvivir para los responsables del Centro de Interpretación Arqueolóxica de Barbanza. No era para menos teniendo en cuenta que uno de los proyectos más importantes de los abanderados por el Concello de Boiro en los últimos tiempos en materia cultural corría el riesgo de acabar en agua de borrajas debido al hallazgo de un foso desconocido durante las excavaciones para colocar los cimientos de la ampliación del centro de Neixón. La continuidad de los trabajos estuvo en jaque hasta esta semana, cuando desde Patrimonio se dio autorización para seguir adelante con las obras.
10. Por que o Concello de Boiro, entidade morosa, ainda non pagou o que ten que pagar á Comisión de Festas da Romaría de Neixón pola celebración da festa en 2009?
11. Por que non informaron á comunidade local destas obras como corresponde, e non poñendo unhas infografías no CAB onde non mete o pé ningún habitante da parroquia?
12. Por que destrúen o campo da Romaría, unicamente para tentar enganar á Lei de Costas?
13. Por que fan unha obra para a que non teñen cartos?
14. Por que tratan como salvaxes indocumentados á comunidade local?

Como ninguén vai respostar a estas preguntas, agardemos que nos resposte o fiscal encargado de xulgar delitos contra o Patrimonio en Galicia, tarefa para o que este artigo tan obxectivo de La Voz de Galicia nos vai servir de proba contundente. E parabéns ao Concello de Boiro, que siga coa súa política despótica e infame, que a xente non é tonta, aínda que eles pensen que si.

Desfachatez


Se o anterior vos parece unha coña, o que vén agora é dunha desfachatez incrible. Reproducimos íntegro o texto do artigo de La Voz de Galicia, edición Barbanza de onte: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/04/25/0003_8441308.htm

Las últimas semanas han sido un sinvivir para los responsables del Centro de Interpretación Arqueolóxica de Barbanza. No era para menos teniendo en cuenta que uno de los proyectos más importantes de los abanderados por el Concello de Boiro en los últimos tiempos en materia cultural corría el riesgo de acabar en agua de borrajas debido al hallazgo de un foso desconocido durante las excavaciones para colocar los cimientos de la ampliación del centro de Neixón. La continuidad de los trabajos estuvo en jaque hasta esta semana, cuando desde Patrimonio se dio autorización para seguir adelante con las obras.
Sin embargo, durante muchos días se mantuvo la incógnita sobre si este descubrimiento echaría al traste el largo camino recorrido antes del inicio de las obras de ampliación. Los trabajos en las inmediaciones del centro de interpretación -fuera de la delimitación del yacimiento- comenzaron el pasado 12 de febrero y, poco después, se encontró lo que parecía un foso.
Se inició entonces un proceso que concluyó que, efectivamente, se trataba de una zanja prehistórica, un hallazgo sorprendente por la distancia a la que se encuentra del castro. Los estudios posteriores, que incluyeron la realización de diversas inspecciones, por parte de técnicos de Patrimonio, establecieron que el surco encontrado es un foso que podría tener dos objetivos: o bien servía para delimitar una zona de cultivo o estabulación del ganado, o bien se trataba de una primera línea defensiva del castro de Neixón.
Poco comunes
Lo cierto es que este tipo de estructuras, de escasa profundidad -alrededor de un metro y medio- y alejadas del yacimiento, son poco habituales, aunque no únicas y, por ejemplo, en estos momentos en Santiago se está excavando una zanja de características similares.
En cuanto a la presencia de restos arqueológicos en el interior, desde el gobierno boirense indicaron que apenas se hallaron muestras de cultura material, salvo algún fragmento de cerámica y vasijas.
Con toda la información recabada, fue a la comisión provincial de Patrimonio a la que le tocó tomar una decisión sobre la continuidad de la ampliación, y la que, una vez excavado y documentado el foso, autorizó cubrirlo para continuar con las obras del centro arqueológico.
Esta decisión permitió que los responsables municipales de Boiro respirasen aliviados porque no había posibilidad de realizar un modificado del proyecto de ampliación para conservar el foso, puesto que el plazo para justificar el destino de la partida presupuestaria reservada por el Estado para Neixón está a punto de expirar.
En este sentido, el edil Juan Jesús Ares, que defendió el proyecto de ampliación en nombre del Concello ante la comisión provincial, destacó la importancia de la iniciativa para convertir el centro arqueológico boirense en un museo en el que puedan exponerse las piezas rescatadas de las excavaciones en el castro.


Este texto acompáñase dunha foto que pon: operarios muunicipales realizaron la excavación en planta de la zanja localizada junto al edificio de Neixón.

La lotta per la vita


Aboríxenes, Neixón neolítico, matriarcado, códices en pedra impenetrables... novos dsbaralles dun metafísico anacrónico na Voz de Galicia, Edición Barbanza. Imprescindible.

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/04/24/0003_8438435.htm

23/4/10

Individuos


Plañideiras de Cangas, banquetes funerarios nas casas rurais e urbanas, como ben comentan os seguidores de Arqueoneixon, son exemplos dunha cultura que tenta domesticar a morte na vida cotiá. O sentido de comunidade ten moito que ver neste tipo de práticas culturais. Neste caso, o que acada o protestantismo é achegar o concepto básico da Modernidade: o de individuo, ese mesmo individuo que fala con deus, que le e interpreta a Biblia. O resultado material de todo isto é o que vedes na fotografía: unha tumba cristiá fóra do poboado, repouso eterno xa non dun maiangir, senón dun crente, un fillo de deus.

22/4/10

Contextos


Como en moitos outros grupos étnicos da zona, a bebida en comunidade era e é unha parte moi importante na reprodución ritual e simbólica da vida social. Aquí vedes como forma parte central da escenografía deste funeral, ofecéndose á xente que ven acompañar á comunidade no momento da morte. A elaboración e consumo colectivo de cervexa foi condanado pola política de domesticación das almas e dos corpos levada a cabo polos misioneiros de turno. A Deus non lle gusta que beban bebidas alcólicas, segundo parece, aínda que vaia contra a súa verdadeira relixión.

Pocillos


Xa nos chamara a atención o uso por outros grupos veciños duns fermosos pocillos de cerámica, empregados en eventos de comensalidade nos que se bebe unha sorte de bebida doce feita a partir da folla do café. Seica ese tipo de cacharro era típico da cultura dos maiangir, e de feito, na aldea de Ashane vímolos en tódalas casas, en bandexas de madeira ou cerámica, sobre mobles perfectaemnte tallados e preparados para o servizo. Aquí vedes un acobillo de pocillos. Ao carón un jericam de plástico e un soporte de pau onde repousa un muíño barquiforme. Todo un bodegón etnoarqueolóxico.

Arquitectura vernácula


Chegamos a Ashane, casualmente, nun momento delicado. Nun pendello de feira cuberto de lona da UNHCR (da Axencia de Axuda aos Refuxiados) sentábanse ducias de persoas. Os homes nun lado. As mulleres e os nenos noutro. A aldea atópase nun cruce de corredoiras polas que non paraba de chegar xente doutras aldeas veciñas. Resulta que era un funeral pola morte dunha muller da aldea. A cada pouco as mulleres escenifican a súa dor tirándose do pelo, estorroando polo chao, berrando, misturándose co eco lonxano da treboada que se achega.

Ashane


Ashane é unha pequeniña aldea á que fomos parar en Etiopía, procurando unha xente á que chaman maiangir, un grupo étnico tradiciomalmente seminómade, cunha agricultura de roza e queima, no bordo do altiplano etíope, en Oromía occidental. Dende os anos 60 reciben a influencia de misións protestantes que paseniñamente foron trocando o seu modo de estar no mundo. Neste mundo globalizado, o que toca é ver a un rapaz coa camisola da selección española e outro lucindo fachendoso a camisola de Messi.

21/4/10

Contra a impunidade


Como atinadamente comentaba un colega noso, non deixa de ser unha crueldade do destino que o presidente de España que certificou a amnesia colectiva da Transición, sancionando o esquencemento para as futuras xeracións, estea a morrer vítima do Alzheimer. Cómpre non esquencer, e non esquencer que, como dixo Alberto Méndez en Los Girasoles Ciegos:

El silencio es un espacio, una oquedad donde nos refugiamos pero en el que no estamos nunca a salvo. El silencio no se termina, se rompe; su cualidad fundamental es la fragilidad y el epitelio sutil que lo circunda es transparente: deja pasar todas las miradas.

19/4/10

Carencia de fulgor fundamental


Vímolo dicindo dende hai anos. Neixón é toda unha escenografía da Postmodernidade, un espazo mítico no que conflúen diferentes discursos, polo que escoan relatos e enfoques dispares, dende o ensaio científico ao literario. Neste devalar topámonos cunha xoia publicada na edición Barbanza de La Voz de Galicia, un texto inclasificable, único, fundador dun novo xénero que quizais houbera que definiir por un termo máis preciso que eu non me atrevo a acuñar. O artigo, de Antonio Argibay, comeza así:

En Neixón (Cespón) atópase un xacemento prehistórico que eu tiven a oportunidade de visitar hai varias semanas. Alí teremos ocasión de coñecer ao responsable das instalacións, Víctor Barbeito, que na súa visita guiada nos ilustrará con aplomo e sapiencia incuestionables (sic). Cando nos atopamos na areopoloe (sic), a primeira impresión que recibimos é o que eu chamaría carencia de fulgor monumental (sic). Repararemos nos habitáculos circulares, fatigosamente construídos, e só con carácter parcial, polas doctas mans dos arqueólogos. Sentirémonos en certo sentido defraudados, pero será no museo contiguo ao castro onde as explicacións do director nos fagan comulgar coas íntimas reliquias gnoseolóxicas (sic), que garda como un tesouro o emprazamento.
De aquía á xenética, os celtas e casas circulares, que nos revela que a arquitectura da época era tenue no seu desenvolvemento.

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/04/17/0003_8422840.htm

Fotografía de Yolanda Porto: casa circular do cambio de era en fase de escavación. Sector 01 da escavación de 2007 no recinto superior do Castro Grande de Neixón.

15/4/10

Miguel Delibes


O 12 de marzo pasado morreu ese xenial contador de historias que foi Miguel Delibes. Perfecto coñecedor da paisaxe (natural, cultural e simbólica) do agro castelán, deixounos unha pequena xoia literaria de temática arqueolóxica: El tesoro (1985). Nesta deliciosa historia, o autor amosa o conflicto que se desata entre a comunidade dunha pequena vila e a Arqueoloxía académica e maila Administración co gallo da aparición nun cortalumes dun tesouro da 2ª Idade do Ferro. Delibes homenaxea ao seu fillo, coñecido prehistoriador, cunha obra na que debuxa perfectamente o perfil psicolóxico de Jero, un arqueólogo apaixoado e vocacional, na que dá as claves para comprendermos o traballo de campo en Arqueoloxía, na que esboza as tensións que agroman cando se xestiona dende o presente o pasado, cando a Adnministración e a Ciencia se apropian dun Patrimonio arqueolóxico co que convivía dende séculos a sociedade tradicional. Xente como Delibes fixo máis pola Arqueoloxía que moitos de nós, artífices de científicas memorias de escavación ilexibles e aburridas. Literatura gris en contraposición á verdadeira literatura.

Arqueomalacoloxía social


Dende arqueomalacologia.blogspot informan de que xa están colgados no site da Iª Reunión Científica de Arqueomalacología de la Península Ibérica (León, 20-21 de maio de 2010) os resumos e maila segunda circular. O noso equipo de traballo participará coa comunicación Paisaje, Arqueología y Sociedad: experiencias arqueomalacológicas en el campo de trabajo de los castros de Neixón (Boiro, A Coruña) (2005-2008).
Mostraremos nesta comunicación un balance crítico da liña de investigación, difusión e divulgación en Arqueomalacoloxía desenvolta no proxecto de Neixón e liderada por Eduardo González Gómez de Agüero e Víctor Bejega García (Universidade de León). Como sabedes, a nosa estratexia de traballo interdisciplinar contemplou non só a escavación dun concheiro da 2ª Idade do Ferro con voluntarios procedentes de todo o mundo, mais tamén a organización de seminarios e obradoiros de procesado de materiais, estudos etnoarqueolóxicos encol das práticas marisqueiras actuais na zona, o desenvolvemento de actividades divulgativas coa comunidade local así como a realización de documentais sobre esta temática.


http://sites.google.com/site/reunionarqueomalacologia/home/resumenes

Fotografía: coñecemento da fabricación artesanal de bateas e do marisqueo na ría de Arousa. Actividade desenvolta con voluntarios no campo de traballo dos castros de Neixón en agosto de 2005.

Ao pé do lar


Imos actualizando cousas que quedaron na recámara por mor da nosa estadía abisinia. Entrementres estabamos por alá, Manuel Gago tivo a ben colgar no seu blog Capítulo 0 o catálogo da exposición por el comandada Ao pé do lar. Para o equipo do noso proxecto neixonense é unha ledicia ver como o coñecemento xerado polas nosas escavacións no Castro Grande de Neixón e Castrolandín serve para ilustrar o apartado adicado á comensalidade e o banquete nn Idade do Ferro do NW. Esta dimensión divulgativa non se podería levar a cabo sen o traballo desenvolto en Arqueoloxía experimental por Sandra e Laura, ceramistas que puxeron a andar o obradoiro da Fundación Terra Termarum de Cuntis, que podedes visitar cando queirades.

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/page/4/

13/4/10

Ciclo de Conferencias sobre Arqueoloxía Pedro Díaz


O benemérito Instituto de Estudos Miñoranos organiza o 1º Ciclo de Conferencias sobre Arqueoloxía na honra do arqueólogo afeccionado Pedro Díaz, mestre na posguerra da escola unitaria de Priegue (Nigrán). Velaquí o programa:

mércores, 14 abril:

“O castro de Navás (Priegue, Nigrán): arqueoloxía e arqueobotánica”*
María Martín Seijo* (coa colaboración de Víctor Barbi Alonso)
Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste (GEPN) /
Departamento de Historia I, Universidade de Santiago de Compostela/

mércores, 21 abril:

"Presentación dun descoñecido: A Arte Megalítica”.*
Fernando Carrera Ramírez*

mércores, 28 abril

“O comercio na Baiona Moderna a través dos materiais do Parque da Palma”*
Vicente Caramés Moreira

venres, 30 abril:

“As orixes do primeiro poboamento humano de Galicia”*
Eduardo Méndez Quintas

O ciclo de conferencias terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo) e darán comezo ás 20:30.

Fotografía: Pedro Díaz e Álvarez Blázquez contemplando as aras atopadas en Donón (Cangas do Morrazo).

El Cabanyal


A desfeita do Cabanyal en Valencia obedece a espúreos intereses urbanísticos. A este respecto, nada ten que ver co que acontece nos castros de Neixón. Outra cousa é a impunidade dos políticos á hora de destruír o Patrimonio. Aquí si podemos dicir que son casos semellantes. Reproducimos a continuación o comentario verquido no foro de El País por un cidadán anónimo o 7 de abril de 2010:

Ayer en el Cabanyal se vieron escenas propias de la dictadura. La policía cargando contra los vecinos del Cabanyal. La alcaldesa de Valencia esta demoliendo nuestro patrimonio. Ni los votos, ni el poder de la alcaldia, ni su opinión personal esta por encima de lo que culturalmente es nuestro, nuestro pasado, niuestro presente y nuestro futuro

Non vos sona de nada isto?

8/4/10

Arqueoloxía do fascismo



Como vistes, vimos de poñer á vosa disposición un artigo recén saído do prelo no que amosamos un avance das nosas investigacións sobre o fascismo italiano en Etiopía no marco do proxecto de Arqueoloxía do presente dirixido polo noso compañeiro Alfredo González Ruibal. Aquí atoparedes información dabondo para contextualizar eventos como a batalla de Gambella e comprender un conflicto con novas perspectivas. Entre os que perderon a vida por Bélxica estaban maioritariamente soldados congoleños e porteadores que morreron reventados, e que non contan cunha tumba como a do sarxento Lambrecht; entre os italianos, defendían o Impero de Mussolini soldados libios, eritreos e etíopes de diversas etnias. Asi e todo falamos de batallas entre belgas/británicos e italianos, aínda hoxe. Nunca foi tan necesaria unha Arqueoloxía postcolonial. Mentres o Reino de Bélxica escravizaba, maltrataba, explotaba e acometía xenocidios en masa no Congo, homes desa terra marchaban a loitar pola Madre Patria.

González Ruibal, A.; Fernández Martínez, V.; Falquina Aparicio, Á.; Ayán Vila, X. M. e Rodríguez Paz, A. 2010. Arqueología del Fascismo en Etiopía (1936-1941). Ebre 38. Revista Internacional de la Guerra Civil 1936-1939), 4: 233-54.

Fotografía: pé do memorial no camposanto de Gamella, esnaquizado pola desmemoria e o esquencemento.

7/4/10

Arqueología del Fascismo en Etiopía

Arqueologia del fascismo en Etiopía

Ampliando o absurdo


Asi se titula o artigo que tivo a ben publicar no Galicia Hoxe Xosé Gago sobre o caso Neixongate. Reproducimos o brillante final do texto: Agora é tempo de explicar, de asumir responsabilidades. Hai políticos e técnicos que deben dar respostas tanto a unha comunidade local farta de non contar nada para eles, como ás institucións autonómicas que velan polo respecto ao noso patrimonio. Débense dar estas explicacións pois o espazo natural, cultural e arqueolóxico estragado é irrecuperábel.
Podemos chegar ao caso paradoxal de que a ampliación dun centro de interpretación acabe co elemento ao que interpreta.


Aquí vai o link do artigo http://www.galiciahoxe.com/portada/gh/ampliando-absurdo/idEdicion-2010-04-07/idNoticia-533443/

Denuncia na Dirección Xeral de Patrimonio


Hoxe pola mañá depositamos no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia unha denuncia do impacto crítico provocado na área arqueolóxica de Neixón pola ampliación do CAB e unha solicitude de información sobre a legalidade deste proxecto. Simplemente estamos facendo o que calquer cidadán e arqueólogo cun mínimo de ética debería facer. Doutra volta, seguimos aplicando a política de transparencia que seguimos en Arqueoneixon, a diferenza de institucións públicas como o Concello de Boiro. Non agardamos moito da Administración, pero ningún arqueólogo no seu san xuízo da Dirección Xeral de Patrimonio autorizaría algo así. Non podemos dicir o mesmo da delegación da Consellería de Cultura en A Coruña, seica os autorizadores desta desfeita.
Aí vai o texto, prescindindo do xugoso aparato gráfico:

XURXO M. AYÁN VILA, con D.N.I 44087305-P, en calidade de cidadán, arqueólogo profesional e director responsable do proxecto arqueolóxico dos castros de Neixón (2003-2008) diríxome a vostede para poñer en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de Galicia a afección que está a sufrir a área arqueolóxica dos castros de Neixón por mor dunhas obras de ampliación do Centro Arqueolóxico de Barbanza (de agora en diante CAB) promovidas polo Excmo. Concello de Boiro. Estas obras deron comezo o 11 de febreiro de 2010 cunha subvención concedida polo Ministerio de Cultura de 86.840, 31 euros para implementar a primera fase da construción do novo edificio proxectado.O Excmo. Concello de Boiro recoñece que carece de financiación para continuar e finalizar unhas obras que custarán 1 millón de euros e que se xustifican, segundo a Corporación Municipal, cos seguintes razonamentos :
• A escasez de espazo dispoñible no edificio inaugurado en 2002.
• A instalación dunha área experimental na que se levarán a cabo obradoiros.
• A construcción dun auditorio e de máis salas expositivas.
• Dar cabida aos vestixios recuperados nos castros de Neixón.
• Diferenciar o Centro Arqueolóxico de Barbanza doutras instalacións semellantes ofrecendo un proxecto museolóxico senlleiro.
Esta xustificación carece de sentido se temos en conta o descenso de visitantes ao CAB que se nutre case todo o ano de visitas de escolares (Lomba 2005, Barbeito 2006), a infrautilización dun edificio perfectamente adaptado para a función para a que foi creado e a existenza en Boiro mesmo de auditorios que poden acoller a organización de Congresos. A nosa experiencia do campo de traballo de Neixón (2003-2008) serviu para amosar a capacidade do actual edificio para albergar seminarios, obradoiros, traballo de gabinete e demais actividades cun nutrido número de persoas (Lomba 2005; Ayán et al. 2007; Ayán 2008). Doutra volta, grande parte da superficie do edificio está infrautilizada, como é o caso do almacén, o laboratorio, unha biblioteca á que non vai ninguén e unha sala multiusos que abonda para albergar unha exposición permanente da colección visitable.
Aparte do carácter innecesario desta ampliación, as obras conlevan a destrucción do campo no que se celebra a Romaría de Neixón dende 1978, o evento cultural máis importante que se leva a cabo por iniciativa da comunidade local (Ayán e Arizaga 2005; González e Ayán 2007) e que forma parte consustancial do Patrimonio inmaterial e intanxible que é a Punta de Neixón.
Este gravísimo feito revirte a Arqueoloxía social que se levaba facendo nese espazo dende 2003 (Ayán et al. 2007; 2008) e a implicación da comunidade local no proxecto de potenciación patrimonial dos castros de Neixón (Ayán 2005, 2008). Doutra volta, exemplifica a ruptura coa política de xestión precedente que sempre defendeu o desenvolvemento de sondaxes e escavacións arqueolóxicas de carácter científico. Entre 2003 e 2008 escavouse a man cun rexistro detallado o recheo de senllos foxos do Castro Grande (Ayán 2005; 2008); o mesmo aconteceu en 2009 no parapeto N do mesmo xacemento. Meses despois destrúese sen rexistro de ningún tipo un tramo enteiro dun foxo, como veremos agora.
A este respecto, o feito máis grave, por ser irreversible, é que estas obras, actualmente paralizadas, supuxeron o emprego de maquinaria pesada e a escavación con medios mecánicos dun solar dentro do perímetro de proteción da área arqueolóxica de Neixón mentres se está desenvolvendo o proceso de declaración como Ben de Interese Cultural da Punta de Neixón.
Neste senso, DENUNCIO o impacto crítico sufrido nesta área coa destrución completa dun amplo tramo de foxo que non foi documentado durante o control e seguimento de obras (se o houber). Os perfís estratigráficos E e W do rectángulo escavado non deixan lugar á dúbida, así como os materiais arqueolóxicos asociados que se corresponden con depósitos de recheo desa estrutura que cinguía orixinalmente polo N a área arqueolóxica dos Castros de Neixón.
A este respecto, SOLICITO información á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de Galicia sobre este proxecto de ampliación do CAB, concretándose as miñas dúbidas nos seguintes puntos:
1. Existencia ou non de autorización da DXPC para levar a cabo estas obras.
2. Existencia ou non dun proxecto arqueolóxico de avaliación e seguimento destas obras a realizar dentro da área de protección dos castros de Neixón.
3. Responsable arqueolóxico do control e seguimento da obra.
4. Comunicación ou non á DXPC deste impacto crítico, existencia dun informe puntual ou valorativo e proposta de medidas correctoras. O 31 de marzo podíanse ver tres gabias valorativas realizadas con medios mecánicos, recén tapadas, na contorna E das obras até o límite co mar. Non sabemos se se corresponden cun plan de medidas correctoras autorizado pola DXPC ou se é unha iniciativa ilegal adoptada polo arqueólogo do CAB Víctor Barbeito Pose.
A destrución total dunha estrutura arqueolóxica dentro dunha área de protección dun futuro BIC, así como a imposibilidade real dunha restitución dos restos son feitos gravísimos dos que debe ter constancia a DXPC para, dacordo coa Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, adoptar medidas legais contra o propietario dos terreos e promotore da obra que non é outro que o Excmo. Concello de Boiro.

Agardando que atenda a miña solicitude, queda seu:

Xurxo M. Ayán Vila

En Santiago de Compostela, a 6 de abril de 2010


Referencias bibliográficas
Ayán Vila, X. M. 2005. Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña): a recuperación dende a Arqueoloxía dun espazo social e patrimonial. Serie Keltia 30. Noia: Edición Toxosoutos. 371 páginas.
Ayán Vila, X. M. (coord.). 2007. De Sancti Vicentii de Sispalona a San Vicenzo de Cespón. Cadernos Culturais de Boiro, 9. Santiago: Garabal.
Ayán Vila, X. M. (coord.). 2008. Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña), II: de espazo natural a paisaxe cultural. Serie Keltia, 40. Noia: Toxosoutos.
Ayán Vila, X. M. 2008. O proxecto arqueolóxico de Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña): o campo de traballo como ferramenta para a posta en valor do patrimonio. En A Cultura castrexa: Accións e estratexias para o seu aproveitamento socio-cultural (Actas do Seminario Final Castrenor, Mondariz-Balneario, 22 e 23 de xuño de 2006): 95-105. Santiago: Xunta de Galicia.
Ayán Vila, X. M., González Pérez, L., Arizaga Castro, Á. e Bóveda López, M. M. 2007. O campo de traballo dos Castros de Neixón (Boiro, A Coruña): balance e análise crítica dun proxecto de xestión integral do Patrimonio (2003-2006). En IV Congreso Internacional sobre Musealización de xacementos arqueolóxicos: 261-8. Santiago: Xunta de Galicia.
Ayán Vila, X. M. e Arizaga Castro, Á. 2005. Os Castros de Neixón como espazo simbólico na paisaxe rural tradicional (notas etnográficas e reflexións sociais). En Ayán Vila, X. M. 2005. Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña): 291-327. Serie Keltia 30. Noia: Edición Toxosoutos.
Barbeito Pose, V. 2006. Nuevo Proyecto de Musealización: Centro Arqueológico del Barbanza. Revista de Arqueología, 302: 56-63.
González Pérez, L. y Ayán Vila, X. M. 2007. Estudo antropolóxico da relixiosidade popular na parroquia de San Vicenzo de Cespón. En Sancti Vicentii de Sispalona a San Vicenzo de Cespón. Cadernos Culturais de Boiro, 9: 85-128. Santiago: Garabal.
Lomba Fernández, P. 2005. Arqueoloxía e Sociedade. A experiencia do Centro Arqueolóxico de Barbanza. En Ayán Vila, X. M. (coord.): 353-67.

Hemeroteca


O suposto técnico arqueólogo do CAB é ese señor que sae sempre nas fotografías dos xornais como dono e señor da Punta de Neixón, abeirando políticos sen escrúpulos. Pero ao César o que é do César. Nunha cousa ten razón este fenomenal arqueólogo, e cando ten a razón hai que darlla. Nunha extensa entrevista publicada hai tempo no Xornal Certo, Víctor BArbeito concedeu un titular premonitorio: Os que máis patrimonio destrúen son as administracións públicas.
Que non digan que non avisou con tempo.

Fonte: http://eniac-informatica.com/xornalcerto/index.php?page=victor-barbeito

6/4/10

Esa extraña mancha de terra


Galicia Confidencial, Xornal Certo e o blog Capítulo 0 de Manuel Gago fixéronse eco do impacto crítico que vimos denunciando sobre a área arqueolóxica de Neixón. Especialmente interesante a reflexión de Manuel Gago sobre esa extraña mancha de terra. Algo vai mal cando se tenta agochar a realidade con plásticos negros. Toda unha metáfora material da negra sombra. Este é o poder da Arqueoloxía e desa república de homes e mulleres libres que é a Rede.

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/5653.html
http://certo.es/index.php?page=accuse
http://www.manuelgago.org/blog/

Fotografía tomada de Capítulo 0.

3/4/10

Neixón: città aperta


O alcalde de Boiro Xosé Deira, o tunante-alcalde Juan Jesús Ares, o concelleiro de Cultura Xerardo Piñeiro e o suposto técnico arqueólogo do Centro Arqueolóxico de Barbanza Víctor Barbeito son os responsables da destrución do campo da festa no que se levaba a cabo a Romaría de Neixón dende 1978, un evento que forma parte esencial dese Patrimonio inmaterial e intanxible que é a Punta de Neixón. Non se pode ser máis inepto. Pero claro, son os mesmos responsables de que se faga unha gabia a dous metros do altar da Romaría, de que se cancele o campo de traballo de Neixón (2003-2008) e de que se conceda a explotación do bar O'Parapeto do Centro Arqueolóxico a un traficante de drogas. Estes señores son os que saben o que Neixón necesita, o que a comunidade local ten que facer nos castros de Neixón. Os seus nomes irán vencellados para sempre á páxina máis negra da historia deste recanto da ría de Arousa. Parabéns e noraboa.

Responsabilidades


O alcalde de Boiro Xosé Deira, o tunante-alcalde Juan Jesús Ares, o concelleiro de Cultura Xerardo Piñeiro e o suposto técnico arqueólogo do Centro Arqueolóxico de Barbanza, Víctor Barbeito, son os responsables desta desfeita. Por suposto non asumirán estas responsabilidades. Agardemos que a Administración autónomica, a Dirección Xeral de Patrimonio e os medios (libres) de comunicación asuman as súas. Estes homes superaron sobradamente o lindeiro da sensatez e da racionalidade. Aos que amedes a Punta de Neixón, caeravos a ánima ao chao ao ver esta desfeita gratuíta e sen sentido, toda unha metáfora da Galicia ignorante, necia, inculta e caciquil que cómpre deixar atrás canto antes. Realmente infame. De verdade. Triste, moi triste ver que o Patrimonio está en mans duns fulanos que acadaron botar a xente de Neixón, esquencéndose que será a xente quen os vote/bote a eles.

Impacto crítico



O alcalde de Boiro Xosé Deira, o tunante-alcalde Juan Jesús Ares, o concelleiro de Cultura Xerardo Piñeiro e o suposto técnico arqueólogo do Centro Arqueolóxico de Barbanza Víctor Barbeito son os responsables da destrucción dun tramo enteiro dun foxo vencellado ao sistema defensivo dos castros de Neixón, que foi destruído con pá mecánica como se pode apreciar nos senllos perfís estratigráficos, tapados tencionadamente con plásticos negros. Un feito gravísimo: a ampliación innecesaria dun Centro Arqueolóxico provoca un impacto crítico no xacemento. Mentres os castros esmorecen, estes señores invisten cartos do Estado (80.000 euros) para destrozar un espazo social, para destruír parte do xacemento arqueolóxico, para actuar de maneira delictiva. Por suposto, a bancarrota do concello de Boiro, unha bancarrota moral e económica, impide a finalización das obras, aplicando ese vai ti facendo, esmolando cartos a papá Estado e mamá Xunta para tentar rematar a súa peculiar Cidade da Cultura. Que morro! Que noxo!

Volta atrás


O alcalde de Boiro Xosé Deira, o tunante-alcalde Juan Jesús Ares, o concelleiro de Cultura Xerardo Piñeiro e o suposto técnico arqueólogo do Centro Arqueolóxico de Barbanza Víctor Barbeito son os responsables de mandar a tomar por saco sete anos de traballo para revertir a traumática realidade xerada pola expropiación forzosa dos terreos de Neixón a comezos da presente década. Nun mes, estes señores acadan que a comunidade local non se sinta vencellada a un espazo que xestionan outros, a un edificio que funciona de costas aos habitantes da zona. Todo un exemplo de Arqueoloxía franquista: todo para o pobo pero sen o pobo. Isto é o que se chama Xestión Integral do Patrimonio.